Almería
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Almería | ||||
Capital de | |||||
Capital | Almería city (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 200.578 (2023) (677,13 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 296.216.940 m² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Abd al-Rahman III | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Ramón Fernández-Pacheco Monterreal (en) (2015–2022) María del Mar Vázquez Agüero (en) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04001–04009 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 04013 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | almeriaciudad.es | ||||
Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería.
A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax. Ao sur atópase o mar Mediterráneo. Con 198.522 habitantes no ano 2019, Almería é unha cidade de crecente relevancia nos ámbitos económico, cultural e deportivo, e un importante nó de comunicacións grazas ao seu porto e aeroporto internacionais.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada no 955 por Abderramán III nunha localización dominada anteriormente por outras urbes coma a ibera Ucri ou a romana Portus Magnus, Almería desenvolveu un importante papel durante o Califato de Córdoba, chegando a ser o porto máis importante do al-Ándalus dos omeias. Alcanzou o seu máximo esplendor durante a taifa, no século XI, converténdose baixo o reinado de Almotacín nun emporio comercial e cultural. Tras a incorporación á Coroa de Castela no 1489, deciman a poboación os piratas, pragas e terremotos. A recuperación non será visible ata finais do século XIX, co rexurdir da minería e a exportación da uva de mesa, e de novo a partir dos anos 1960 do século XX, grazas á explosión da agricultura intensiva, ó turismo, a construción e o mármore.
No ano 2005 foi a sede dos XV Xogos Mediterráneos.
Patrimonio histórico
[editar | editar a fonte]Entre o seu patrimonio histórico-artístico, cabe destacar a alcazaba musulmá (séculos X a XV), a catedral-fortaleza (século XVI), o cargadoiro de mineral ou Cable Inglés (finais do século XIX), ou o Museo de Almería, inaugurado no 2006.
Símbolos populares
[editar | editar a fonte]Indalo
[editar | editar a fonte]O símbolo por excelencia de Almería e a súa provincia é o indalo, orixinalmente unha pintura rupestre neolítica descuberta na cova dos Letreros (no actual Parque Natural de Serra de María-Los Vélez) en 1868 que representa a un home cazando cun arco.
Nos anos 1940 do século XX, o Movimiento Indaliano idealizou o símbolo, querendo ver nel un home que sostiña o arco da vella. O seu nome foi dado en honor a San Indalecio e proviría en última instancia do ibero indal eccius, «mensaxeiro dos Deuses».
Trátase dun símbolo moi arraigado na sociedade almeriense e é frecuente velo por todos lados. Atopamos un, por exemplo, no escudo da Unión Deportiva Almería.[1]
O sol de Portocarrero
[editar | editar a fonte]Outro símbolo moi unido á cidade é o erroneamente chamado sol de Portocarrero, altorrelevo que presenta un radiante sol antropomorfo rodeado de grilandas e que aparece esculpido no testeiro da capela funeraria do bispo Diego Férnandez de Villalán, na catedral de Almería. Por unha confusión histórica, é relacionado tradicionalmente este símbolo con outro bispo da diocese almeriense, Juan del Castillo y Portocarrero, do que toma nome a pesar de ser o mandato deste moi posterior.[2] O escudo da Universidade de Almería, por exemplo, baséase neste símbolo.[3]
Patróns
[editar | editar a fonte]A patroa da cidade é a Virxe do Mar, que celebra a súa festividade o sábado anterior ó último domingo do mes de agosto. A súa imaxe foi atopada na praia de Torregarcía, preto da capital, polo vixía da torre homónima, Andrés de Jaén, o 22 de decembro de 1502.[4] A lenda di que a imaxe, románica, puido formar parte dos restos dun barco naufragado o ser un mascarón de proa que os fieis vestiron como Virxe. Moi preto da torre construíuse a Ermida de Torregarcía en torno a cal se celebra unha romaría a segunda fin de semana de cada xaneiro.
O patrón da cidade e diocese de Almería é santo Indalecio, fundador da diocese da antiga Urci no século I e un dos Sete Homes Apostólicos, primeiros evanxelizadores da Península Ibérica por encomenda de San Paulo.[5] A súa festividade se celebra o 15 de maio.
Galería de Imaxes
[editar | editar a fonte]-
Sol de Portocarrero.
-
Escultura dun indalo na praza Marqués de Heredia.
-
O Cable Inglés
Outras Almerías no mundo
[editar | editar a fonte]- : Almería, provincia de Bilirán.
- : Almeria, unha comunidade no estado de Alabama.
- : Almeria, unha comunidade no estado de Nebrasca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.udalmeriasad.com
- ↑ Ruiz García, Alfonso (2008.). Ciudad de Almería. Colección: Guías de Almería: Territorio, cultura y arte. Almería: Instituto de Estudios Almerienses. ISBN 978-84-8108-430-6.
- ↑ http://www.ual.es
- ↑ http://www.virgendelmar.com/principal.htm
- ↑ http://www.diocesisalmeria.es/index.php?option=com_content&view=article&id=77&Itemid=66