Indalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura dun indalo nunha rúa de Almería

O Indalo é unha figura de orixe ancestral que se atopa na Cueva de los Letreros, situada a carón do Maimón, no municipio almeriense de Vélez-Blanco. Trátase dunha pintura rupestre do Neolítico tardío ou da Idade do Cobre. Representa a unha figura humana cos brazos estendidos e un arco sobre ás súas mans. Aínda que o seu significado no foi aínda esclarecido, existen teorías sobre unha suposta divindade no debuxo.

Historia[editar | editar a fonte]

Representación dun indalo.

A Cueva de los Letreros e máis concretamente o Indalo, foron descubertos ó redor de 1868 polo almeriense Antonio Góngora y Martínez. Dita cova, foi declarada Monumento Histórico Nacional no 1924 e posteriormente Patrimonio da Humanidade.

Durante séculos, antes da catalogación do Indalo por parte dos estudosos, foi símbolo da boa sorte e considerado coma un tótem no norte e levante da provincia de Almería, especialmente no municipio de Mojácar, onde o pintaban con almagre para protexer as casas das tormentas e o mal de ollo. Era chamado o muñequillo mojaquero.

A mediados do século XX, foi tomado como símbolo e bandeira dun movemento intelectual e pictórico encabezado por Jesús de Perceval, discípulo un pouco anarco da visión noucentista mediterránea do filósofo Eugeni d'Ors. Pola súa parte, Perceval, reivindicaba a postura vital, a cosmovisión do almeriense e a esencialidade das culturas anteriores desde a antigüidade, nun renacer constante do clásico.

Tan forte foi o simbolismo do Indalo para estes artistas e intelectuais que puxeron ó seu grupo o nome de movemento indaliano. Os indalianos vían no seu símbolo a un home ancestral sostendo o arco da vella e simbolizando un pacto entre o home e os deuses para evitar futuros diluvios. O estudo do debuxo mostra que a figura non representa máis que a un arqueiro apuntando a unha ave que voa sobre el.

O termo Indalo podería ter a súa orixe na lingua dos iberos: indal eccius (mensaxeiro dos deuses). Porén é máis recoñecida a orixe relacionada co patrón da cidade de Almería, San Indalecio.

O debuxo que da forma ó Indalo, pódese achar non só na Comarca dos Vélez, senón que hai constancia de figuras similares fóra da xeografía española.

Nas últimas décadas, o Indalo, converteuse no símbolo máis representativo de Almería.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]