Tabernas
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Almería | ||||
| Capital | Tabernas | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.991 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 281 km² | ||||
| Altitude | 404 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | María de las Nieves Jaén Franco | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 04200 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 04088 | ||||
| Sitio web | tabernas.es | ||||
Tabernas é un concello español da provincia de Almería (Andalucía). Atópase a unha altitude de 404 metros sobre o nivel do mar e a 29 km da capital de provincia, Almería. Situada a carón da zona desértica que leva o seu nome, Tabernas ten unha taxa de precipitación media anual de 243 mm, polo que é unha das vilas máis secas de Europa. O seu deserto é coñecido por ser o lugar de rodaxe de ducias de Spaghetti Western. O municipio acolle cada ano o Almería Western Film Festival, ademais de ser a sede da Plataforma Solar de Almería, un centro de investigación en enerxía solar térmica pertencente ao CIEMAT.
Demografía
[editar | editar a fonte]En 2023 a poboación ascendía a 4 032 habitantes.
| Gráfica de evolución demográfica de Tabernas[1] entre 1842 e 2021 |
![]() |
| Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE. Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística. "Alteracións dos concellos nos censos de poboación dende 1842". Consultado o 1 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tabernas |

