Psiconautas, los niños olvidados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Psiconautas, los niños olvidados
Ficha técnica
Título orixinalPsiconautas, los niños olvidados
DirectorAlberto Vázquez e Pedro Rivero
ProdutorLuis Tosar, Farruco Castromán, Alicia Veira, Pedro Rivero, César Rodríguez, Íñigo Pérez Tabernero e Carlos Juárez
GuiónAlberto Vázquez e Pedro Rivero
Baseado enPsiconautas de Alberto Vázquez
MúsicaAránzazu Calleja
FotografíaJosé Domingo e Alberto Vázquez
MontaxeIván Miñambres
Estrea24 de setembro de 2015
Duración76 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroAnimación, Fantástico, Drama
Na rede
http://psiconautaslapelicula.com/ e http://psiconautasmovie.com/
IMDB: tt5004766 Filmaffinity: 765355 Rottentomatoes: m/birdboy_the_forgotten_children Mojo: birdboy Allmovie: v643694 Metacritic: movie/birdboy-the-forgotten-children Editar o valor em Wikidata

Psiconautas, los niños olvidados é un filme galego de animación de 2015, dirixido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero.

É a adaptación da novela gráfica Psiconautas, do propio Alberto Vázquez. Gañou o Goya á mellor película de animación do 2016 e foi preseleccionada para os Oscar.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Birdboy e Dinki son dous adolescentes que decidiron escapar dunha illa asolagada por unha catástrofe ecolóxica: Birdboy illándose do mundo, Dinki emprendendo unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy a acompañe.

Produción[editar | editar a fonte]

É unha coprodución entre a galega ZircoZine, de Luis Tosar e Farruco Castromán, e a vasca Basque Films. Trátase da segunda adaptación da novela de Alberto Vázquez, despois da curta Birdboy, que tamén gañou un Goya e foi preseleccionada para os Oscar.

A pesar de ser proxectada en diversos festivais dende o 2015[2][3], non se estreou nos cines até o 2017.[4]

Recepción e premios[editar | editar a fonte]

O filme foi ben recibido pola crítica[5] e acumulou premios dende a súa mesma estrea no Festival de Donostia, no que gañou o premio Lurra ("Terra" en éuscaro), entregado por Greenpeace.[6] Cando o filme se estreou nos cines, xa levaba gañados numerosos premios como o Goya á mellor película de animación, o Premio Platino á mellor película de animación[7] ou os premios a mellor película de animación dos festivais de Stuttgart e Sofía.[8] Ademais foi preseleccionado para os Oscar.[1]

O éxito de crítica non foi acompañado por un éxito de audiencia e o filme rematou 2017 cunha recadación acumulada nos cines españois de 15.912€ e 2.883 espectadores.[9] Con todo, fóra de España o filme logrou unha recadación unhas seis veces maior.[10]

Lista de premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "«Psiconautas» apunta a los Óscar". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  2. "La película gallega "Psiconautas" participa en el Festival de San Sebastián". Faro de Vigo (en castelán). 12 de agosto de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  3. "“Psiconautas”, unha fantasía negra de animación". 19 de maio de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  4. "O premiado filme de animación galego Psiconautas xa pode verse nos cinemas". 27 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  5. ""Psiconautas, los niños olvidados" recibe buenas críticas antes de su estreno" (en castelán). 22 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  6. "Psiconautas gana el premio Lurra" (en castelán). 29 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  7. "'Psiconautas', do galego Alberto Vázquez, premio Platino á mellor película de animación". 23 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  8. "'Psiconautas, los niños olvidados', mejor largometraje de animación en los festivales de Stuttgart y Sofía" (en castelán). 16 de maio de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  9. "Recadación acumulada nacional de 2017" (PDF). Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  10. "Recadación acumulada de filmes españois no estranxeiro" (PDF). Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]