Polaqia foi un colectivo galego de autoras e autores de banda deseñada. Nado en 2001, tiña por obxecto a promoción, creación e difusión da banda deseñada. O grupo desapareceu en 2011.[1]
O seu principal medio de acción era o fanzineBarsowia (do cal editaron polo menos 15 números), que definía a súa visión da banda deseñada tanto no estético como no organizativo. O colectivo tamén editou publicacións como APB (A Prueba de Balas) de Emma Ríos, Alter ego de Alberto Vázquez, Tanque Familiar ou Pinche Mundo.
No verán de 2008 tivo lugar un encontro co colectivo Calavera Cómics de Nova York. Isto permitiu que os álbums de Polaqia estivesen á venda no MoCCA (Museo do Cómic de Nova York) durante un dos festivais de BD[Cómpre clarificar] independente máis importante dos Estado Unidos. En troques, algunhas obras do colectivo Calavera puideron ser adquiridas no posto de Polaqia na edición dese ano do Viñetas desde o Atlántico.