Alan IV da Bretaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1060 (Gregoriano) Châteaulin, Francia |
Morte | 13 de outubro de 1119 (Gregoriano) (58/59 anos) Redon, Francia |
Lugar de sepultura | Redon Abbey (en) |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira cruzada Batalha de Tinchebray (pt) |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Bro Kernev e House of Cornouaille (en) |
Cónxuxe | Ermengarda de Anjou (1093 (Gregoriano)–1112 (Gregoriano)) Constança da Normandia (1086 (Gregoriano)–) |
Fillos | Geoffroy de Bretagne () Ermengarda de Anjou Brian Fitz Count () Conan III da Bretaña () Ermengarda de Anjou Hawise of Brittany () Ermengarda de Anjou |
Pais | Hoel II da Bretaña e Havoisa da Bretaña |
Irmáns | Mathias II de Bretagne |
Alan IV da Bretaña coñecido como Alan Fergent (Alan IV Fergent) ou Fergant, nado en 1060 e finado o 13 de outubro de 1119, fillo de Hoel II da Bretaña e Havoisa da Bretaña, foi conde de Cornualla, de Rennes e Nantes e finalmente duque da Bretaña de 1084 a 1112. Fergant significa en bretón "o valente perfecto" dun xeito semellante ao nome dinástico escocés "Fergus".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no castelo de Châteaulin ao redor de 1060, converteuse en duque da Bretaña e conde de Cornualla e Nantes á morte do seu pai o 13 de abril de 1084. É considerado o último duque en falar habitualmente bretón. Tivo que restaurar a autoridade ducal ao condado de Rennes contra Geoffroy Grenonat, o irmán de Conan II da Bretaña, ao que sucedera como conde vitalicio. Desde 1084 á fronte do seu exército apoderouse de Rennes e enviou a Grenonnat a Quimper, onde morreu o mesmo ano, permitíndolle a Alan recuperar o título de conde de Rennes. No mesmo ano, nomeou o seu fiel irmán Matías á fronte do condado de Nantes, aínda que retomaría persoalmente o título deste condado cando morreu en 1103.
En 1087[1] casou en primeiras nupcias con Constanza de Normandía, filla de Guillerme, I de Inglaterra, o Conquistador, que había morrer envelenada en 1090, sen deixar descendencia [1]. En 1093, casou en segundas nupcias con Ermengarda de Anjou, filla de Fulque IV de Anjou e rebesneta de Fulque III.
Preferiu ficar na parte bretoa do ducado, da que era orixinal, e vivía polo seu gusto nos seus castelos de Auray e sobre todo de Carnoët non moi lonxe da abadía da Santa-Cruz de Quimperlé rexida polo seu tío Binidic (Bieito).
A tranquilidade na que viviu o ducado permitiu a Alan Fergent responder á chamada de Urbano II e, en compañía doutros señores bretóns, uniuse, durante o verán de 1096, á primeira cruzada. Estivo ausente da Bretaña durante cinco anos, deixando o ducado baixo a firme autoridade de Ermengarda.
De volta da cruzada e baixo a influencia da súa piadosa esposa, Alan está cada vez máis interesado nos temas relixiosos e apoia a reforma do clero secular levado a cabo por Marbod, bispo de Rennes. Esta evolución cara ao espiritual non lle impide tomar o partido do rei de Inglaterra Henrique I Beauclerc no seu conflito co seu irmán Robert Courteheuse e participar na batalla de Tinchebray en 1106. Fíxose vasalo de Henrique I e casou o seu fillo Conan coa filla natural do rei de Inglaterra, Matilde.
Enfermo, abdicou en 1112 a favor de Conan e retirouse á abadía de San Salvador de Redon. Morreu o 13 de outubro de 1119 e foi enterrado alí.
Matrimonios e descendencia
[editar | editar a fonte]Alan IV casou en 1087 con Constanza de Normandía, filla de Guillerme o Conquistador. Esta unión non terá posteridade.
Da súa unión en 1093 con Ermengarda de Anjou naceron tres fillos:
- Conan III, duque da Bretaña.
- Geoffroi "o Roxo" morto en Xerusalén en 1116.
- Inés da Bretaña (ou Havoisa) casada sobre 1110 con Balduíno VII de Flandres.
Dunha ou dúas amantes descoñecidas Alan Fergent deixou dous fillos:
- Brian Fitzcount († 1147/1149), señor de Wallingford, fervente seguidor de Matilde de Inglaterra coñecido como a Emperatriz Matilde, na guerra civil chamada Anarquía, polo trono de Inglaterra.
- Guiomar.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- André Chédeville e Noël-Yves Tonnerre, La Bretagne féodale XIe-XIIIe siècle. Ouest-France, Université Rennes (1987) ISBN 9782737300141.
- Joëlle Quaghebeur La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire, pouvoirs, noblesse Presses Universitaires de Rennes (2002) ISBN 2868477437
- Arthur de La Borderie, Histoire de Bretagne: Tome troisième. Réédition Joseph Floch Imprimeur Éditeur à Mayenne (1975) « Le duc Alain Fergent » pàgs. 30–36.
- Henri Poisson, Les Ducs de Bretagne de la maison de Cornouaille : Hoël, Alain Fergent, Conan III, Lorient, Édition Bretagne et culture, 1968.