Saltar ao contido

Quimperlé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaQuimperlé
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°52′22″N 3°32′59″O / 47.8728, -3.5497
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
Defense and Security zone of France (en) TraducirWestern defense and security zone (en) Traducir
RexiónsBretaña
DepartamentoFinistère Editar o valor en Wikidata
Capital de
canton of Quimperlé (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación12.313 (2021) Editar o valor en Wikidata (388,06 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921712 Traducir
Q114359662 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie31,73 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude35 m-2 m-83 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMichaël Quernez (en) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webquimperle.bzh Editar o valor en Wikidata

Quimperlé (Kemperle en bretón),[1] é unha comuna francesa do departamento de Finistère, na rexión da Bretaña.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Qumimperlé está situada no sueste do departamento de Finistère, a 19,7 km de Lorient e a 44 km de Quimper.

O nome Quimperlé ven de "kemper", que significa confluencia en bretón, e de "Ellé", un dos ríos que atravesan a localidade. Efectivamente, o Ellé e o Isole conflúen á altura de Quimperlé para dar lugar a La Laïta, unha ría de 15 km que foi navegábel noutro tempo e que permitiu a aparición dun porto en Quimperlé.

A nivel urbano distínguese claramente a cidade baixa, situada na confluencia dos ríos e polarizada historicamente pola abadía da Sainte-Croix, da cidade alta, xurdida ao redor da igrexa de Saint-Michel.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Serie de poboación histórica de Quimperlé
(Fonte/s: INSEE)
Ano17931800185119011936195419681975199020072012
Poboación4 5495 6176 1149 0369 33510 03010 69810 90710 74810 87712 052

Durante a Alta Idade Media debeu existir un primeiro asentamento bretón que foi destruído no ano 868 debido a unha incursión normanda. A cidade, unha vez reconstruída, tomou o nome actual.

Segundo a tradición, o 14 de setembro de 1029 foi fundada a abadía beneditina da Sainte-Croix, que se arrequeceu rapidamente e espertou a cobiza dos condes de Cornualla e despois dos duques da Bretaña. Non en van o xeógrafo árabe Al Idrisí aseguraba en 1154 que "Kimberlik" era «unha cidade ben situada, pequena e animada, que posúe mercados activos e moitas industrias». No século XIII o duque Xoán I o Vermello mandou construír unha muralla para protexer a cidade baixa.

Durante o século XVI Quimperlé non se librou das perturbacións orixinadas polas guerras de relixión francesas, e incluso chegou a ser brevemente ocupada en 1594 polo exército español comandado por Juan del Águila. No século XVIII o comercio marítimo debilitouse debido á sedimentación na La Laïta, porén a actividade industrial aumentou, impulso que se acentuaría no século XIX.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]