Collège Stanislas (París)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 48°50′43″N 2°19′39″L / 48.84528, -2.32750

Un dos patios do Collège Stanislas.

O Collège Stanislas (frecuentemente chaamado "Stan" polo seus alumnos) é un centro de ensino católico privado con contrato de asociación co Estado.

Fundación[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 1804 polo padre Claude Liautard (1774-1844) no distrito de Notre-Dame-des-Champs en París.

Situación[editar | editar a fonte]

Encóntrase desde 1847 no n° 22 da rue Notre-Dame-des-Champs, no 6º arrondissement de París. As súas entradas encóntranse nos números 6 e 28 da rue du Montparnasse. A do nº 155bis da rue de Rennes xa non se usa.

Edificios e educación[editar | editar a fonte]

O Collège Stanislas en 1905.
Vista xeral nunha tarxeta postal.

Os edificios que o compoñen están incluídos no bloque formado polas rúas mencionadas, coa excepción do edificio na esquina das rúas de Montparnasse e Notre-Dame-des-Champs, construído en 1988 polo Instituto Superior de Electrónica de París.[1] Polo tanto, a columnata de Lois XVI no Hôtel de Silène (1777) encóntrase xunto a outros edificios da década de 1960 de Jacques Barge ou máis recentes (2011). Dúas das súas portas foron catalogadas como monumentos históricos por orde do 22 de febreiro de 1926, e logo outros elementos do edificio fron ordenados á súa vez por orde do 16 de marzo de 1966.[2]

O Stanislas é propiedade dunha sociedade anónima fundada en 1903 por antigos alumnos. Desde 1804 esta institución esrivo a punto de desaparecer varias veces. A súa permanencia como centro de educación católica débese a varios dos seus directores e exalumnos. No curso académico 2012-2013, o establecemento tiña 3 400 estudantes que ían desde o xardín de infancia até clases preparatorias.[3]

O liceo é recoñecido polos seus excelentes resultados no bacharelato, a competencia xeral e nos exmes de ingreso nas grandes Escolas Técnicas e Científicas.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sauvé 1994.
  2. Collège Stanislas Ministère de la Culture de France. Plateforme Ouverte du Patrimoine.
  3. Lycée-Collège Ecole Stanislas: Stanislas. Annuaire 2012-2013. Páxina 235. (ISSN 0752-8574).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]