Palacio Real de El Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°31′19″N 3°46′28″O / 40.52194, -3.77444

Palacio de El Pardo

O Palacio Real de El Pardo é unha das residencias da familia real española situada no Monte de El Pardo, en Madrid. O seu principal uso na actualidade é o de aloxar aos xefes de Estado estranxeiros de visita oficial en España. A súa xestión corresponde a Patrimonio Nacional, organismo estatal que administra os bens ao servizo da Coroa Española.

Foi construído no século XVI, a partir dun edificio primitivo do século XV deseñado por Luis de Vega. O seu aspecto actual corresponde ás reformas e ampliacións emprendidas no século XVIII, a instancias do rei Carlos III, nas que participou o arquitecto Francesco Sabatini.

Ademais de polos seus valores arquitectónicos, o palacio destaca polo seu decoración interior, representativa de diferentes épocas históricas. Destacan uns frescos, obra de Gaspar Becerra, restos da decoración pictórica que tivo o palacio durante o reinado de Filipe II.

Así mesmo, é especialmente relevante a súa colección de tapices, do século XVIII, na que figuran cinco das series máis coñecidas de Francisco de Goya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]