Saltar ao contido

José Luis Comellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Comellas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Morte23 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Sevilla Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - degree in History (en) Traducir
Universidade de Madrid - Doctorate in History (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Navarra
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoAntonio García-Baquero González Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002), (sec:Comellas García-Llera, José Luis, p.197-198) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 103142 BNE: XX1119886 BUSC: 981013405460907712 Dialnet: 529340

José Luis Comellas García-Llera, nado en Ferrol o 16 de outubro de 1928[1] e finado en Sevilla o 23 de abril de 2021,[2] foi un historiador e astrónomo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Neto do escritor Manuel Comellas, o seu pai era químico en Carburos Metálicos e profesor de bacharelato en Cee[3]. Iniciou os estudos de bacharelato en 1940 no colexio Fundación Fernando Blanco desta vila, onde ensinaba seu pai, e continuounos en 1942 no colexio Tirso de Molina[4], xa en Ferrol. Licenciouse en 1951 en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo o premio extraordinario de fin de carreira e o premio Ourtvanhoff[5][Cómpre referencia] o mellor estudante da universidade.

Cursou o doutoramento na Universidade Complutense de Madrid, e rematouno cunha tese sobre os primeiros pronunciamentos en España, en 1953, dirixida por Federico Suárez Verdeguer, e que ao ano seguinte se publicaría como libro, e que sería o primeiro de moitos: Los primeros pronunciamientos en España. Con este título gañou ó ano seguinte o Premio Nacional Menéndez Pelayo.[6] En 1954 obtivo a cátedra de historia da Universidade de Sevilla, universidade na que exercería a docencia ata a súa xubilación, se ben ocasionalmente exerceu a docencia noutras universidades (Santiago 1953-1956, Navarra na década dos sesenta e Tucumán).

En 1963, gañou por oposición á cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da universidade de Sevilla, pola que competiu con Antonio Domínguez Ortiz. [4]

O interese historiográfico de Comellas centrouse no século XIX, sobre todo na figura da raíña Sabela II, Cánovas del Castillo, a Década moderada e o Trienio liberal, así como acerca dos imperios coloniais e sobre a música. En 1967 publicou Historia de España moderna e contemporánea, que durante un tempo foi unha obra popular e da que se fixeron múltiplas reedicións. Foi director da Revista de Historia Contemporánea que editou a universidade de Sevilla entre 1982 e o 2000.

En 1993, foi nomeado académico de número da Real Academia Sevillana de Buenas Letras​ e da que foi vicedirector de 1999 a 2005.[7] En 1995, foi nomeado membro correspondente por Sevilla da Real Academia da Historia.​

Desde o ano 2000 e ata o final da súa vida foi profesor emérito da universidade de Sevilla, e seguiu escribindo libros sobre historia, astronomía e música.

Astronomía

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa obra historiográfica, Comellas foi divulgador de astronomía, e publicou numerosas obras sobre este eido, entre elas un catálogo sobre estrelas dobres, a primeira edición en español do Catálogo Messier e unha popular Guía del firmamento da que se realizaon sete edicións.[2] A Comellas atribúeselle ademais o descubrimento de 20 estrelas dobres.[2]

Mencións honoríficas

[editar | editar a fonte]

Historia de España

[editar | editar a fonte]

Historia da ciencia

[editar | editar a fonte]

Historia da música

[editar | editar a fonte]

Astronomía

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Redacción (16 de outubro de 2013). "José Luis Comellas García-Llera. Un historiador amante de la astrología". galiciaartabradigital.com (en castelán). Consultado o 27 de baril de 2021.
  2. 1 2 3 4 EFE (23 de abril de 2021). "Muere a los 93 años José Luis Comellas, un referente para los astrónomos". elmundo.es (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2021.
  3. ↑ Areas, Darío (2021-05-01). "José Luis Comellas: unha paixón polo universo que naceu na súa infancia en Cee". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-05-01.
  4. 1 2 Álvarez, Jesús (23 de abril de 2021). "Muere en Sevilla a los 93 años el astrónomo e historiador José Luis Comellas" (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2021.
  5. ↑ A única referencia á existencia de semellante premio son de menciones biográficas de Comellas. Quizais o nome do premio estea mal, ou non fose un premio relevante.
  6. ↑ Siro (26 de abril de 2021). "Un sabio ferrolán". lavozdegalicia.es. Consultado o 27 de abril de 2021.
  7. ↑ "Comellas García Llera, José Luis". academiasevillanadebuenasletras.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2021. Consultado o 27 de abril de 2021.
  8. ↑ "Calle Astrónomo Jose Luís Comellas". Calle Astrónomo Jose Luís Comellas. Consultado o 2021-04-23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]