Adonis (poeta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ali Ahmad Said Esber
Adonis Cracow Poland May12 2011 Fot Mariusz Kubik 08.JPG
Adonis en Cracovia no 2011
Alcume Adonis
Nacemento 1 de xaneiro de 1930
Lugar Al-Qassabin, Latakia, Siria
Nacionalidade Líbano e Siria
Alma máter Damascus University e Universidade São José de Beirute
Ocupación poeta, lingüista, escritor, tradutor, xornalista e catedrático de universidade
Xéneros Poesía
Premios Bjørnson Prize, America Award in Literature, Janus Pannonius International Poetry Prize, sen etiquetar, Honorary doctor of the University Rennes 2, Prêmio Goethe e Goethe Medal
Premio Goethe 2011
editar datos en Wikidata ]

Ali Ahmad Said Esber (transliteración do seu nome árabe علي أحمد سعيد إسبر), nado en Al-Qassabin (Latakia, Siria) en 1930, é un poeta, político e profesor francés de orixe siria. Desenvolveu un amplo labor poético ó longo da súa traxectorio, tendo publicados máis de vinte poemarios en lingua árabe. Viviu en Siria, o Líbano e Francia segundo as circunstancias forzábano a fuxir. A día de hoxe é considerado o poeta máis importante en lingua árabe vivo, amais de ser un dos poucos expoñentes do modernismo árabe inda vivo. Malia ser recoñecido mundialmente e un dos máis repetidos candidatos ó premio Nobel de Literatura, os seus ideais ateos e mais comunistas provocaron un forte rexeitamento cara á súa persoa en moitos círculos, especialmente entre os gobernos árabes máis integristas (quen prohibiron a súa obra, coma en Irán ou Marrocos).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un labrego dunha comunidade xií que lle aprendeu poemas clásicos en árabe e o Corán enteiro. Ao cumprir dezasete anos, tivo a oportunidade de recitar un poema da súa produción fronte ao daquela presidente de Siria, de xira pola rexión. Fondamente impactado, o presidente ofertoulle o premio que el quixese, ao que o mozo respondeu que quería ir á escola.

Tralos seus exitosos estudos ingresa na Universidade de Damasco, onde se licenza en Filosofía no 1954. Nesta época comeza a empregar o seu pseudónimo de Adonis (segundo el conta por mor de que as revistas non lle aceptaban os seus poemas baixo o seu nome real, daquela o agochou xusto despois de ler o famoso mito grego) e a achegarse ó ateísmo e ó comunismo. Ao ano seguinte pasaría seis meses en prisión por ser parte do Partido Socialista Nacionalista Sirio, trala súa ceiba, marcha ao Líbano, onde fundará xunto con outros poetas a revista de poesía Shi'r. Recibirá unha bolsa de estudo entre 1960-61 en París, o que lle permitirá falar un francés fluído. Comezará a impartir clases na Universidade de Beirut, da que será catedrático de Literatura Árabe de 1970 a 1985, se ben polo 1980 xa emigrara a París para fuxir da Guerra Civil Libanesa. Á súa chegada a Francia xa acadara fama abonda, polo que impartirá clases na Sorbona de Literatura Árabe ata retirarse para adicarse en exclusividade a compór poemas, ensaios e traducir.

Na actualidade vive no barrio da Defensa, o distrito financeiro parisino, sendo un persoeiro fortemente activo na vida cultural da cidade e da clase intelectual mundial. Fixo declaracións en contra da Revolución Árabe por considerala reaccionaria baixo o seu falso discurso democrático e realiza conferencias e viaxes polo mundo. O 11 de xuño do 2014 recitou na Cidade da Cultura de Galicia canda a Yolanda Castaño.