Abi Feijó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAbi Feijó
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Braga, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0004203 Editar o valor em Wikidata

Álvaro da Graça de Castro Feijó, máis coñecido como Abi Feijó, nado o 18 de xuño de 1956 en Braga, é un cineasta e produtor de animación portugués.

Fillo de Rui Mª Malheiro de Távora de Castro Feijó (Viana do Castelo, 25 de marzo de 1921), neto materno do 4º Vizconde da Carreira e sobriño materno do 2º Conde de Carreira, e a súa segunda muller (Braga, 2 de xaneiro de 1954) Margarida Larcher da Graça (Braga, 22 de setembro de 1930).

Formación[editar | editar a fonte]

Abi licenciouse na Escola Superior de Belas Artes do Porto en Arte Gráfica e Design. En 1984 chegou ao National Film Board (NFB) do Canadá para realizar prácticas de animación, que deron como resultado a curtametraxe Oh Que Calma. Posteriormente colaborou co NFB na produción (con Julie Roy, na peza de Regina Pessoa Tio Tomás, a Contabilidade dos Dias) [1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Como director, Feijó explora unha variedade de técnicas de animación, sempre con historias coidadosamente escritas. En 1993 fixo Os Salteadores, curta de animación con debuxos en papel, un drama político que lembra un doloroso incidente da historia recente portuguesa gañou numerosos premios internacionais. Seguiulle Fado Lusitano (1995), unha especie de autorretrato de Portugal, a súa historia, arte e cultura, utilizando animación recortada en papel. No ano 2000, en coprodución coa RTP e o Estudio de Animación / Xuventude do Programa Francés, completa Clandestino, un filme de animación de area cuxas imaxes ricamente texturizadas evocan a difícil loita pola liberdade.

Foi fundador de O Filmógrafo, en 1987, e da Casa da Animação, de Porto, no ano 2000, co apoio da Capital Europea da Cultura – Porto 2001, da Câmara Municipal do Porto (CMP) e o Instituto de Cinema e Audiovisual (ICA) para promover e difundir a animación portuguesa.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras encóntranse:[2]

  • 1985 - Oh que Calma [3]
  • 1987 - A noite saiu à rua
  • 1993 - Os Salteadores
  • 1995 - Fado Lusitano
  • 1998 - Estrelas de Natal [4]
  • 2000 - Clandestino
  • 2015 - Nossa Senhora da Apresentação (co-realizado con Alice Guimerães, Daniela Duarte e Laura Gonçalves) [5]

Museo da Imaxe Animada[editar | editar a fonte]

Co apoio do programa comunitario Proder, Feijó fundou, con Regina Pessoa, a Casa-Museo de Vilar, Museu da Imagem Animada, no pazo familiar que herdou na freguesía de Vilar do Torno e Alentém, no concello de Lousada, en 2014.[6]

O museo ocupa tres salas do pazo centenario. Unha delas está dedicada ao traballo de Abi Feijó e Regina Pessoa, desde a aventura do estudio Filmógrafo até a actividade actual de Ciclope Filmes; a segunda sala é unha galería para amosar os debuxos de compañeiros directores e animadores de todo o mundo; e a terceira preténdese ilustrar a historia do precinema, con diversas lanternas máxicas, xoguetes ópticos e outras pezas que mostran a evolución das imaxes en movemento. Para esta sala, Abi Feijó espera poder contar coa colaboración da Cinemateca Portuguesa, co préstamo temporal de pezas da súa colección e patrimonio.[7][8]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Individual
    • Medalha de ouro de mérito cultural da Câmara Municipal do Porto (1996) [9]
    • Reconhecimento no “Prémio Nacional Manuel Pinto de Azevedo, Jr” (1999)
    • Premio de Reconhecimento – Fantasporto (2000)
    • Premio Boneco Rebelde - Amadora Cartoon (2000)
    • Premio Ardenter Imagine nos Caminhos do Cinema Português (2002) en Coímbra [10]
    • Premio Árvore nos 30 Anos do 25 de Abril – recoñecemento do traballo desenvolvido na área do Cinema.
    • Premio La Luna de Valencia - Cinema Jove (2005) - Valencia [11]
    • Prémio António Maria – Cinanima (2005)
  • Como realizador e produtor recibiu Mencións de Honra e diversos premios paras os filmes Oh que calma, A noite saiu à rua, Os Salteadores, Fado Lusitano, História Trágica com Final Feliz e Clandestino en festivais como o Fantasporto, o FICSAN, o Cinanima, o Anifest, o Festival de Cinema de Animación de Annecy, a Semana Internacional de Cine de Valladolid, Festival Internacional de Cine do Uruguai, o Roshd Int'l Film Festival de Irán, Filmvideo, Ulisses International Film and TV Festival for Children, Festival de Larissa etc. en vilas e cidades como Varna, Vila do Conde, Porto, Aveiro, Espinho, Évora, Cádiz, Badaxoz, Bahia, Aix-en-Provence, Annecy, Teruel, Matitta, Tirrenia e Viarregio (Italia), Trebon (Républica Checa), Dresden , Bogotá etc.[12]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Julie Roy". NBF. Arquivado dende o orixinal o 28-02-2022. Consultado o 28-2-2022. 
  2. "Pessoa - Abi Feijó". cinemaportuguesmemoriale.pt. Consultado o 2021-01-10. 
  3. "Oh Que Calma". cinept.ubi.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2022. Consultado o 2021-01-09. 
  4. "Estrelas de Natal" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2022. Consultado o 2021-01-09. 
  5. "Nossa Senhora da Apresentação" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2022. Consultado o 2021-01-09. 
  6. "Museu de animação de Abi Feijó e Regina Pessoa reconhecido além-fronteiras". Observador (en portugués). Consultado o 2021-01-09. 
  7. "Casa Museu de Vilar - Home". Consultado o 2021-01-09. 
  8. "Abi Feijó projecta um Museu da Imagem Animada numa aldeia de Lousada". 
  9. "Medalhas atribuídas pela Câmara Municipal do Porto" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2021. 
  10. "IX Edição (2002) ⋆ Caminhos do Cinema Português" (en portugués). 2012-11-09. Consultado o 2021-01-10. 
  11. "Cinema Português". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2022. Consultado o 2021-01-10. 
  12. "Nossa Senhora da Apresentação". Filmin. Arquivado dende o orixinal o 11-01-2021. Consultado o 28-2-2022. 
  13. "Animated Century (TV Movie 2003) - IMDb". Consultado o 2022-03-01.