Espinho, Portugal
Coordenadas: 41°0′30″N 8°38′30″O / 41.00833, -8.64167
Espinho, Portugal | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Praia da Baía | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Norte | ||
Subrexión | Grande Porto | ||
Distrito | Aveiro | ||
Xeografía | |||
Superficie | 41,66 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 31.786 hab. (2011) | ||
Densidade | 1.505,73 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 4500-... Espinho | ||
Alcalde | Joaquim José Pinto Moreira | ||
cm-espinho.pt |
Espinho é unha cidade portuguesa pertencente ao distrito de Aveiro, ten preto de 21.589 habitantes. A cidade está incluída na Rexión Norte e sub rexión do Grande Porto, pertencendo aínda á Grande Área Metropolitana de Porto.
Espinho é a sede dun pequeno municipio urbano, con 21,11 km² de área e 31.786 habitantes (en 2011), subdividido en 5 freguesías. O municipio limita ao norte co municipio de Vila Nova de Gaia, ao leste con Santa María da Feira, ao sur con Ovar e ao oeste co Océano Atlántico.
Freguesías[editar | editar a fonte]
As cinco freguesías que forman Espinho son as seguintes:
- Anta
- Espinho
- Guetim
- Paramos
- Silvalde
Historia[editar | editar a fonte]
As orixes de Espinho están nun grupo de pescadores que alí establecéronse pola grande abundancia de peixes, pernoctando en refuxos improvisados, moitas veces utilizando as propias embarcacións como cuberta.
Xa en tempos do Imperio Romano na rexión existía un castro chamado Castro de Ovil, poboación referenciada por primeira vez nun documento de 1013 despois da era actual, que asentábase nun pequeno outeiro de forma circular rodeado por un foxo ao Norte e ao Nacente e por unha ribeira ao Sur e Poñente, actualmente encóntrase na freguesía de Paramos.
Espinho é unha cidade famosa pola súa centenaria feira, gastronomía, ofertas varias nas áreas do turismo, gastronomía e lecer, e polo Casino Solverde[1].
O concello foi creado en 1899 por desmembramento de Santa Maria da Feira.
Poboación[editar | editar a fonte]

Irmandada[editar | editar a fonte]
O concello de Espinho está irmandado coas seguintes cidades:[2]
Limoeiro do Norte, Ceará, Brasil
Brunoy, Essonne, Francia
Beira, Sofala, Mozambique
São Filipe, Illa do Fogo, Cabo Verde
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fonte: Agenda Cultural de Espinho (2004)
- ↑ Geminações de Cidades e Vilas