Pobo portugués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo portugués
Mulheres do Minho.jpg
Mulleres portuguesas co traxe tradicional.
Poboación
Poboación total:
c  42 millóns a 270 millóns[1]
Rexións principais:
Portugal Portugal10 374 822 (poboación de 2011, sen ter en conta etnia)[2]
Flag of Brazil.svg Brasil45 000 000-85 000 000 (devanceiros portugueses)[3][4]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 471 549 (devanceiros portugueses)
Flag of Venezuela.svg Venezuela1 300 000 (devanceiros portugueses)[5]
Flag of France.svg Francia1 243 419 (devanceiros portugueses)[6]
Flag of Canada.svg Canadá429 850 (devanceiros portugueses)[7]
Sudáfrica Suráfrica300 000
Angola Angola300 000[8]
Suíza Suíza265 000[9][10]
Alemaña Alemaña170 000
Aspectos culturais
LinguaLingua portuguesa e mirandés
RelixiónCatolicismo
Grupos
relacionados
Galegos, españois, franceses, sefardís e outros pobos europeos.[11]

Os portugueses[12] son unha nación e grupo étnico indíxena de Portugal que comparten unha mesma cultura e falan o portugués como lingua principal. A súa relixión predominante é o Cristianismo, principalmente o catolicismo.

Historicamente, a herdanza dos portugueses inclúe os celtas, preceltas, celtiberos e iberos, os lusitanos, galaicos e célticos, os romanos, os visigodos e os suevos. A República Romana conquistou Iberia durante os séculos -II e -I. Como resultado da colonización romana, a lingua local provén do latín vulgar. Por mor da longa historia do Imperio portugués e a colonización de territorio de Asia, África e América, así como pola emigración histórica e recente, pódense atopar comunidades portuguesas en diversas rexións do planeta, e tamén existe unha importante diáspora. Os portugueses foron un axente salientable da era dos descubrimentos, descubrindo numerosas terras descoñecidas polos europeos en América, África, Asia e Oceanía, axudando tamén no proceso de globalización.

Hoxe en día, Portugal amosa unha sociedade multicultural de todo o mundo, pero con especial presenza das antigas colonias da Lusofonía, como os brasileiros, os caboverdianos, angolanos, mozambiqueños, goanos e macaneses.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estudo descobre 31,19 milhões de portugueses pelo mundo". Dn.pt. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2014. 
  2. "Statistics Portugal". Ine.pt. Consultado o 28 de abril de 2016. 
  3. Gomes, Laurentino (2015). 1822: Como um homem sábio, uma princesa triste e um escocês louco por dinheiro ajudaram dom Pedro a criar o Brasil - um país que tinha tudo para dar errado (en portugués). Globo Livros. p. 268. ISBN 978-85-250-6160-7. 
  4. Schwartzman, Simon. "Fora de foco: diversidade e identidades étnicas no Brasil". br.monografias.com. Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  5. Foto: LUIS ACOSTA/AFP. JN, ed. "Maior comunidade portuguesa da América Latina esperançada numa nova Venezuela". Consultado o 28 de abril de 2016. 
  6. "Observatório da Emigração" (en portugueses). Observatório da Emigração. 27 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal (XLS) o 26 de xullo de 2015. Consultado o 28 de abril de 2016. 
  7. "Ethnic Origin (264), Single and Multiple Ethnic Origin Responses (3), Generation Status (4), Age Groups (10) and Sex (3) for the Population in Private Households of Canada, Provinces, Territories, Census Metropolitan Areas and Census Agglomerations, 2011 National Household Survey". 
  8. "José Eduardo dos Santos diz que trabalhadores portugueses são bem-vindos em Angola". Observatório da Emigração. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  9. Rausa, Fabienne; Sara Reist (2008). Ausländerinnen und Ausländer in der Schweiz: Bericht 2008 (PDF) (en alemán). Neuchâtel: Swiss Federal Statistical Office. p. 16. ISBN 978-3-303-01243-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de agosto de 2013. Consultado o 24 de agosto de 2014. 
  10. Afonso, Alexandre (2015). "Permanently Provisional. History, Facts & Figures of Portuguese Immigration in Switzerland". International Migration 53 (4): 120–134. doi:10.1111/j.1468-2435.2010.00636.x. Consultado o 5 de outubro de 2012. 
  11. Wade, Nicholas (4 de decembro de 2008). "Gene Test Shows Spain’s Jewish and Muslim Mix". Nytimes.com. Consultado o 2 de agosto de 2017 – vía NYTimes.com. 
  12. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portugués.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]