Regina Pessoa
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1969 (54 anos) Coímbra, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema , animadora , guionista |
Lingua | Lingua portuguesa |
Regina Maria Póvoa Pessoa Martins, nada en Coímbra o 16 de decembro de 1969, é unha animadora portuguesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Regina Pessoa naceu en Coímbra, pero viviu nunha aldea preto da cidade até os dezasete anos. Sen televisión, pasaba o tempo a ler, escoitando aos maiores contaren historias e tamén pintando as portas e as paredes da casa da súa avoa con carbón, animada polo seu tío.[1]
Licenciouse en pintura pola Universidade do Porto en 1998 e na súa etapa de estudante participou en diferentes obradoiros de animación, tendo participado en Espace Projets (Annecy, Francia, 1995) coa curta A Noite, que remataría en 1999.[2]
En 1992 comeza a traballar en O Filmógrafo - Estúdio de Cinema de Animación do Porto, cofundado por Abi Feijó, onde colaborou como animadora en varios filmes.
A súa curta Tragic Story with Happy Ending (en portugués História Trágica com Final Feliz, en francés Histoire tragique avec fin heureuse) é a película portuguesa máis premiada da historia.[3]
A súa curtametraxe de animación, Kali, the Little Vampire, Kali, o pequeno vampiro en portugués, foi galardoada co premio Hiroshima no Festival internacional de Animación de Hiroshima en 2012, o premio ao mellor filme de animación no Chicago International Childrens's Film Festival en 2013, o The Golden Gate Award á mellor curta de animación, o premio no International Film Festival de San Francisco e o nomeamento ao Cartoon d'Or 2013, entre outros recoñecementos.[4] En 2017 a Universidade de Valencia expuxo a mostra retrospectiva sobre medio século de animación portuguesa, Trazos de luz, centrada en Abi Feijó e Regina Pessoa.[5] En 2019 a curta Tio Thomas: A contabilidade dos días recibiu o premio á mellor curta de animación no Chicago International Children's Film Festival, entre outros galardóns.[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Ciclo Vicioso, 23 seg., Betacam (campaña contra o tabaquismo para GlaxoWellcome) - codirixida con Abi Feijó e Pedro Serrazina (1996)
- Estrelas de Natal, 40sec., Betacam (para RTP) - co-dirixido con Abi Feijó (1998)
- A Noite, 6min 35seg., 35mm (1999)
- Odisseia nas Imagens, 25sec., 35mm (Festival Intro) (2001)
- Historia tráxica con final feliz, 7 min 46 seg. (2005)
- Kali, o pequeno vampiro, 9 min 30 seg. (2012)
- Tio Thomas: A contabilidade dos días (2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Regina-Pessoa-happy-story-with-happy-ending". 1 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2022.
- ↑ "Regina Pessoa". Ciclope filmes.
- ↑ "HIstória trágica com final feliz". Filmes portugueses.
- ↑ "Kali, le petit vampire - IMDb". Consultado o 28 de febreiro de 2022.
- ↑ "Trazos de luz. Abi Feijó y Regina Pessoa: 25 años de animación portuguesa". Con A de animación (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2022.
- ↑ "Tio Tomás, A Contabilidade Dos Dias - IMDb". Consultado o 28 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ciclope Filmes (en portugués)
- Películas de Regina Pessoa no National Film Board de Canadá
- Kali, o pequeno vampiro no YouTube
- Entrevista no Público (en portugués)
- HIGHLIGHTS of FMX 1994-2020 with Regina Pessoa no YouTube (en inglés)
- TIO THOMÁS (2019) – tráiler no YouTube