Ébano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ébano
Macassar-Ebenholz.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Dicotiledónea Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ebenaceae
Xénero: 'Diospyros'
Especie: ''Diospyros ebenum''

O ébano (Diospyrus ebenum) é unha árbore asiática do xénero Diospyrus, da familia das ebenáceas propia de zonas tropicais caracterizado por ter o tronco groso, copa ancha, froitos en forma de baga e madeira de cor negra, moi dura e resistente[1]

Fornece unha madeira do mesmo nome dura e máis ou menos escura, empregada en ebanistaría[2].

Por extensión falamos da cor ébano cando queremos falar da cor negra, intensa e brillante.

Detalle da planta
Vista da árbore

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo galego-portugués ébano vén do latín ebĕnus, e este do grego ἔβενος. A palabra ebanista/ebanistaría ten a orixe na persoa que traballa o ébano así coma outras madeiras finas.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore moi vizosa que pode acadar os 10 ou 12 m de altura. Ten follas miúdas e polo xeral é moi espiñenta; cada espiño pode chegar a medir 2 cm de longo. Acada o seu pleno crecemento en 5 a 6 anos, posúe talos moi grosos e o seu toro úsase en ebanistaría polo duro da madeira (de feito o temo ebanista vén da persoa que traballa o ébano así coma outras madeiras finas). Produce un froito en forma de vaíña comestíbel que garda no seu interior de 6 a 12 sementes chamadas maguacatas ou mahuacatas. Estas son de cor café escuro cando están maduras. As vaíñas cando están ben chegadas caen da árbore e espallan as sementes polo chan permitindo a xerminación das mesmas. A semente cómese torrada, ten un sabor semellante ao pistacho. Noutrora usábanse coma laxantes naturais ao consumilas verdes.

Vista da árbore
No seu hábitat
Detalle do tronco

Distribución[editar | editar a fonte]

É orixinaria de India e de Sri Lanka. Esta árbore está en risco extremo de se extinguir pola desforestación por parte dos campesiños para produción agrícola e uso da madeira.

Especies relacionadas[editar | editar a fonte]

Outra especie do mesmo xénero Diospyros crassiflora, o ébano de Gabón, (nativo do oeste de África), produce unha madeira semellante e de calidade tamén chamada de ébano. Esta especie africana é chamada “mpingo” en África Oriental, e “zebrawood” en África do Sur: Dalbergia melanoxylon[3]. Outra especie tamén coñecida como ébano é Diospyros virginiana, americana e con plantacións no estado de Tamaulipas e Nuevo León en México, e ao Sur de Texas, nos Estados Unidos; porén esta última dá unha madeira de peor calidade. A especie Diospyros digyna é un parente achegado do ébano; de madeira tamén case negra e moi densa.

Madeira de ébano[editar | editar a fonte]

A madeira de ébano ten unha densidade aproximada de 1,5 t/m³ no momento da talla; posteriormente, cando seca, redúcese a 1,35 t/m³, máis de tres veces a densidade da madeira de piñeiro e máis de dúas veces a densidade da teca (Tectona grandis). É unha das madeiras máis duras e pesadas do mundo (non aboia na auga).

O ébano ten unha atractiva cor café escura con veas negras, que son predominantes e o seu aspecto é case negro. Atópase en preto de vinte países de África, dentro do triángulo comprendido entre Sudán, Angolae o Cabo Oriental en África do Sur. Na maioría dos lugares medra coma un arbusto. Só medra coma árbore en certas partes do Mozambique, Tanzania, Zambia, e a República Democrática do Congo.

Os grandes toros poden acadar un diámetro de 6 dm; un tronco curto pesa entre 800-1000 kg. Troncos deste tamaño son escasos, pois se necesitan máis de 200 anos para lograr ditas dimensións. Esta madeira é un estándar para a fabricación de instrumentos de vento (clarinetes, oboes, cornos ingleses) e para múltiples partes de instrumentos de corda (diapasóns, clavecín e cordais de violíns, violoncello, contrabaixos etc.)

A súa valiosa madeira tamén se utiliza para a fabricación de mobles finos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Diospyros ebenum foi descrita por J.Koenig ex Retz. e publicado en Physiographiska Sälskapets Handlingar 1: 176. 1776.[4]

Etimoloxía científica

Diospyros: nome xenérico que provén de (διόσπυρον) do grego Διός "de Zeus" e πυρός "gran", "trigo" polo que significa orixinalmente "gran ou froito de Zeus". Os autores da Antigüidade usaron o vocábulo con sentidos diversos: Teofrasto menciona un diósp¯yros –unha árbore con pequenos froitos comestíbeis de carabuña dura–, o que segundo semella é o lodoeiro (Celtis australis L., ulmáceas), e Plinio o Vello (27.98) e Dioscorides usárono con outro nome grego lithóspermon, de líthos = pedra e spérma = semente, e que habitualmente se identifica co Lithospermum officinale L. (boragináceas). Carl von Linné colleu o nome xenérico de Dalechamps, quen chamou ao Diospyros lotus "Diospyros sive Faba Graeca, latifolia".[5][6]

ebenum: epíteto latino que significa "de ébano".[7]

Sinonimia
  • Diospyros assimilis Bedd.
  • Diospyros ebenaster Retz.
  • Diospyros glaberrima Rottler
  • Diospyros laurifolia A.Rich.
  • Diospyros melanoxylon Willd.
  • Diospyros membranacea A.DC.
  • Diospyros reticulata var. timoriana A.DC.
  • Diospyros timoriana (A.DC.) Miq.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. Fl. N. Amer. 8: i–xxiv, 1–585.
  2. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  3. ORSTOM. 1988. List Vasc. Pl. Gabon Herbier National du Gabon, Yaounde.
  4. Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainesville.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ébano
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ébano