Professional Development League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Professional Development League é un sistema de ligas de fútbol xuvenil que están xestionadas, organizadas e controladas pola Premier League ou a Football League. Foi introducido pola FA a través da Elite Player Performance Plan en 2012.[1]

O sistema introduciuse a principios de 2012 e estivo activo por primeira vez durante a tempada 2012-13. É o sucesor da Premier Reserve League, Premier Academy League e a Football Combination. A Football League Youth Alliance creou a League 2 para os sub-18. O sistema abrangue as categorías sub-18, sub-21 e sub-23.[1]

Anteriormente, os clubs que participaban na Premier Reserve League (o máis alto nivel do fútbol de reserva en Inglaterra) eliminábanse da competición se o seu primeiro equipo da Premier League descendera e eran substituídos por un equipo ascendido. Baixo o sistema da Professional Development League, os equipos de reserva da Premier League non están directamente relacionados co estado do primeiro equipo da Premier League. En cambio, hai tres Professional Development Leagues diferentes, unha por cada nivel de grupo de idade e os catro clubs mellor clasificados do sistema de ligas de fútbol de Inglaterra colócanse no sistema baseándose na avaliación da súa academia para o Elite Player Performance Plan (EPPP).

Sub-23[editar | editar a fonte]

Premier League 2
Copa/s da LigaPremier League Cup
EFL Trophy
Copa/s internacionaisPremier League International Cup
Campión actualManchester City (1.º título)
Máis campionatosManchester United
(3 títulos)

Premier League 2[editar | editar a fonte]

De 2012 a 2016, a liga xuvenil máis importante das academias da categoría 1 da EPPP foi a liga sub-21 coñecida como Premier League sub-21, con tan só catro xogadores no campo superando a idade da categoría. Desde a tempada 2016–17 en adiante, a competición denomínase Premier League 2 e o límite de idade aumentou dos 21 aos 23 anos.[2]

A competición divídese en dúas divisións, con ascensos e descensos entre elas. Os clubs da Premier League 2 poden tamén disputar a Premier League Cup, a Premier League International Cup e mais o EFL Trophy, restrinxido a futbolistas sub-21.[3]

Campións da Liga 1[editar | editar a fonte]

Tempada Campións
2012–13 Manchester United
2013–14 Chelsea
2014–15 Manchester United
2015–16 Manchester United
2016–17 Everton
2017–18 Arsenal
2018–19 Everton
2019–20 Chelsea
2020–21 Manchester City
Club Títulos Tempada
Manchester United 3 2012-13, 2014-15, 2015-16
Chelsea 2 2013-14, 2019–20
Everton 2 2016-17, 2018-19
Arsenal 1 2017-18
Manchester City 1 2020–21

Campións da Liga 2[editar | editar a fonte]

Tempada Campións
2014–15 Middlesbrough
2015–16 Derby County
2016–17 Swansea City
2017–18 Blackburn Rovers
2018–19 Wolverhampton Wanderers
2019–20 West Ham United
2020–21 Leeds United
Club Títulos Temporada
Middlesbrough 1 2014-15
Derby County 1 2015-16
Swansea City 1 2016-17
Blackburn Rovers 1 2017-18
Wolverhampton Wanderers 1 2018-19
West Ham United 1 2019-20
Leeds United 1 2020-21

Professional Development League[editar | editar a fonte]

Professional Development League
Campión actualBirmingham City
(1.º título)
Máis campionatosCharlton Athletic
Crewe Alexandra
Swansea City
Huddersfield Town
Sheffield Wednesday
Bolton Wanderers
Leeds United
Birmingham City
(1 título)

A Professional Development League é a segunda categoría de importancia do sistema de ligas xuvenil da EPPP. Está composta por dúas divisións rexionais, decidíndose o gañador global tras a serie de play-offs de fin de tempada —os equipos clasificados nas dúas primeiras posicións de ambas divisións pasan a disputar semifinais e final para así determinar o campión xeral.

Campións[editar | editar a fonte]

Tempada Campións
2012–13 Charlton Athletic
2013–14 Crewe Alexandra
2014–15 Swansea City
2015–16 Huddersfield Town
2016–17 Sheffield Wednesday
2017–18 Bolton Wanderers
2018–19 Leeds United
2019–20 Cancelada por mor da pandemia de COVID-19
2020–21 Birmingham City
Club Títulos Temporada
Charlton Athletic 1 2012-13
Crewe Alexandra 1 2013-14
Swansea City 1 2014-15
Huddersfield Town 1 2015-16
Sheffield Wednesday 1 2016-17
Bolton Wanderers 1 2017-18
Leeds United 1 2018-19
Birmingham City 1 2020-21

Sub-18[editar | editar a fonte]

Liga 1[editar | editar a fonte]

Premier League sub-18
Copa/s doméstica/sFA Youth Cup
Copa/s internacionaisLiga Xuvenil da UEFA
Campión actualManchester City (3.º título)
Máis campionatosManchester City (3 títulos)

A liga sub-18 creouse para as academias da categoría 1 da EPPP, xunto coa formación da Professional Development League en 2012 en substitución da Premier Academy League. Denominada Premier League sub-18, a competición divídese en dúas divisións rexionais. Os dous gañadores de cada división disputan a final para determinar os campións na xeral. Os vencedores da máxima división clasifícanse para a UEFA Youth League.

Campións[editar | editar a fonte]

Tempada Campións
2012–13 Fulham
2013–14 Everton
2014–15 Middlesbrough
2015–16 Manchester City
2016–17 Chelsea
2017–18 Chelsea
2018–19 Derby County
2019–20 Manchester City
2020–21 Manchester City
Club Títulos Temporadas
Manchester City 3 2015-16, 2019–20, 2020–21
Chelsea 2 2016-17, 2017-18
Fulham 1 2012-13
Everton 1 2013-14
Middlesbrough 1 2014-15
Derby County 1 2018-19

Liga 2[editar | editar a fonte]

Professional Development League sub-18
Copa/s domésticasFA Youth Cup
Campión actualSheffield Wednesday (1.º título)
Máis campionatosCharlton Athletic (3 títulos)

A Professional Development League sub-18 é a segunda categoría de importancia do sistema de ligas sub-18 do EPPP. Está composta por dúas divisións rexionais, decidíndose o gañador global tras a serie de play-offs de fin de tempada —os equipos clasificados nas dúas primeiras posicións de ambas divisións pasan a disputar semifinais e final para así determinar o campión xeral.

Campións[editar | editar a fonte]

Tempada Campións
2012–13 Queens Park Rangers
2013–14 Huddersfield Town
2014–15 Charlton Athletic
2015–16 Charlton Athletic
2016–17 Sheffield United
2017–18 Charlton Athletic
2018–19 Sheffield Wednesday
2019–20 Cancelada por mor da pandemia de COVID-19
2020–21 Wigan Athletic F.C.
Club Títulos Tempadas
Charlton Athletic 3 2014-15, 2015-16, 2017–18
Queens Park Rangers 1 2012-13
Huddersfield Town 1 2013-14
Sheffield United 1 2016-17
Sheffield Wednesday 1 2018–19
Wigan Athletic F.C. 1 2020–21

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Youth development rules" (pdf). TheFa.com. Consultado o 8 de agosto de 2012. 
  2. "Premier League 2: Competition format explained". Premier League. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  3. "'Premier League 2 gives optimum opportunities'". Premier League. Consultado o 31 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]