Saltar ao contido

Camiño Primitivo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 68: Liña 68:
Case a primeira metade desta etapa constitúe unha ruta ascendente, pasando por A Farrapa, Cereixeira e Castro, onde o peregrino pode facer un descanso para visitar o [[castro (poboado)|castro]] de Chao Samartín [http://www.castrosdeasturias.es/castros/16/el-castro-de-chao-samartin]. O Camiño pasa logo ó pé da ermida de San Lázaro e, en Xestoselo, continúa pola beiravía da estrada, ascendendo ata o [[porto do Acevo]], a 1.330 m de altitude <ref>Xacovbeo.es.</ref>. Un quilómetro antes de alcanzar o cumio entra na [[provincia de Lugo]] a través do concello da Fonsagrada.
Case a primeira metade desta etapa constitúe unha ruta ascendente, pasando por A Farrapa, Cereixeira e Castro, onde o peregrino pode facer un descanso para visitar o [[castro (poboado)|castro]] de Chao Samartín [http://www.castrosdeasturias.es/castros/16/el-castro-de-chao-samartin]. O Camiño pasa logo ó pé da ermida de San Lázaro e, en Xestoselo, continúa pola beiravía da estrada, ascendendo ata o [[porto do Acevo]], a 1.330 m de altitude <ref>Xacovbeo.es.</ref>. Un quilómetro antes de alcanzar o cumio entra na [[provincia de Lugo]] a través do concello da Fonsagrada.


Comeza agora o descenso e pasa por [[Cabreira, Monteseiro, A Fonsagrada|Cabreira]], [[Fonfría, A Fonsagrada|Fonfría]] (onde houbo un hospital de peregrinos atendido por cabaleiros da Orde de San Xoán), [[Barbeitos, Fonfría, A Fonsagrada|Barbeitos]], [[Silvela, San Martín de Suarna, A Fonsagrada|Silvela]] e [[Paradanova, San Martín de Suarna, A Fonsagrada|Paradanova]], para iniciar un breve ascenso ata [[A Fonsagrada]]. O peregrino aínda debe percorrer dous quilómetros ata [[O Padrón, A Fonsagrada|O Padrón]], onde se atopa o albergue.
Comeza agora o descenso e pasa por [[Cabreira, Monteseiro, A Fonsagrada|Cabreira]], [[Fonfría, A Fonsagrada|Fonfría]] (onde houbo un hospital de peregrinos atendido por cabaleiros da Orde de San Xoán), [[Barbeitos, Fonfría, A Fonsagrada|Barbeitos]], [[Silvela, San Martín de Suarna, A Fonsagrada|Silvela]] e [[Paradanova, San Martín de Suarna, A Fonsagrada|Paradanova]], para iniciar un breve ascenso ata [[A Fonsagrada]]. O peregrino aínda debe percorrer dous quilómetros ata [[O Padrón, A Fonsagrada|San Xuán do Padrón]], onde se atopa o albergue.


No interior da igrexa de Santa María da Fonsagrada hai unha capela na que se atopaba a fonte que dá orixe ó nome da vila (''Fons Sacrata'') <ref> Cabeza Quiles, F: ''Toponimia de Galicia'', 2008. Editorial Galaxia, Vigo.</ref>.
No interior da igrexa de Santa María da Fonsagrada hai unha capela na que se atopaba a fonte que dá orixe ó nome da vila (''Fons Sacrata'') <ref> Cabeza Quiles, F: ''Toponimia de Galicia'', 2008. Editorial Galaxia, Vigo.</ref>.


En Paradanova, o Camiño divídese para seguir ó val de [[A Proba de Burón, A Fonsagrada|Burón]] e [A Bastida, A Fonsagrada|A Bastida]], ou directamente cara A Fonsagrada. Ambas vías únense pouco antes de Paradavella (na seguinte etapa).
En Paradanova, o Camiño divídese para seguir ó val de [[A Proba de Burón, A Fonsagrada|Burón]] e [A Bastida, A Fonsagrada|A Bastida]], ou directamente cara A Fonsagrada. Ambas vías únense en Montouto, pouco antes de Paradavella (na seguinte etapa).


===9ª etapa: A Fonsagrada - O Cádavo===
===9ª etapa: A Fonsagrada - O Cádavo===
[[Ficheiro:Camino Primitivo.jpg|miniatura|250px|esquerda|Albergue de peregrinos no Cádavo]]
[[Ficheiro:Camino Primitivo.jpg|miniatura|250px|esquerda|Albergue de peregrinos no Cádavo]]
Esta etapa discorre habitualmente pola beiravía da estrada LU-530, salvo un tramo a partir de Montouto. Pasa primeiro por [[Vilardongo, O Padrón, A Fonsagrada|Vilardongo]] e [[Montouto, Córneas, Baleira|Montouto]], onde houbo un hospital dedicado a Santiago, do século XIV que seguía en funcionamento a principios do XX. A partir de aquí comeza un descenso a [[Paradavella, A Fonsagrada|Paradavella]] e [[A Degolada, Baleira|A Degolada]], por onde entra no concello de [[Baleira]], e unha nova subida cara [[A Lastra, Baleira|A Lastra]] e [[A Fontaneira, Baleira|A Fontaneira]]. Aínda faltan 6 km de marcha ata chegar ó [[O Cádavo, A Esperela, Baleira|Cádavo]], onde radica a capital do concello.
Esta etapa discorre habitualmente pola beiravía da estrada LU-530, salvo un tramo a partir de Montouto. Pasa primeiro por [[Vilardongo, O Padrón, A Fonsagrada|Vilardongo]] e [[Montouto, Córneas, Baleira|Montouto]], onde houbo un hospital dedicado a Santiago, do século XIV que seguía en funcionamento a principios do XX. Próximo ó hospital de Montouto está o [[menhir de Pedra Labrada]] [http://www.minube.com/fotos/rincon/233941/1210741], que servía de marco para delimitar os territorios e como orientación para os peregrinos.
A partir de aquí comeza un descenso a [[Paradavella, A Fonsagrada|Paradavella]] e [[A Degolada, Baleira|A Degolada]], por onde entra no concello de [[Baleira]], e unha nova subida cara [[A Lastra, Baleira|A Lastra]] e [[A Fontaneira, Baleira|A Fontaneira]] (930 m). Na Fontaneira hai unha igrexa de Santiago, construída sobre o que foi capela e albergue de peregrinos de hai séculos. Aínda faltan 6 km de marcha ata chegar ó [[O Cádavo, A Esperela, Baleira|Cádavo]], onde radica a capital do concello.


Nas proximidades do Cádavo atópase o ''Campo da Matanza''. Segundo a tradición, ó redor de [[813]], houbo neste punto unha dura batalla entre as tropas do rei Afonso II o Casto e os mouros, con tal número de feridos e mortos que o sangue correu pendente abaixo. Alí onde chegou o sangue ergueuse unha igrexa. En memoria deste feito, a antiga casa do concello ostenta na fachada un escudo que representa un soldado cristián matando os mouros.
Nas proximidades do Cádavo atópase o ''Campo da Matanza''. Segundo a tradición, ó redor de [[813]], houbo neste punto unha dura batalla entre as tropas do rei Afonso II o Casto e os mouros, con tal número de feridos e mortos que o sangue correu pendente abaixo. Alí onde chegou o sangue ergueuse unha igrexa. En memoria deste feito, a antiga casa do concello ostenta na fachada un escudo que representa un soldado cristián matando os mouros.
Liña 82: Liña 84:
===10ª etapa: O Cádavo - Lugo===
===10ª etapa: O Cádavo - Lugo===
[[Ficheiro:Porta.SanPedro.jpg|miniatura|200px|Porta de San Pedro na muralla de Lugo, por onde entraban os peregrinos]]
[[Ficheiro:Porta.SanPedro.jpg|miniatura|200px|Porta de San Pedro na muralla de Lugo, por onde entraban os peregrinos]]
O Camiño comeza cun breve ascenso por [[Pradeda, A Esperela, Baleira|Pradeda]] ata o Alto da Vaqueriza, para comezar un prolongado descenso ata Lugo. Deixa o concello de Baleira e pasa por [[Vilabade, Castroverde|Vilabade]], xa no de [[Castroverde]], para entrar ó pouco na capital do concello. Aquí destaca a igrexa de Santa María de Vilabade, tamén chamada a ''catedral de Castroverde'', gótica do século XV con reformas posteriores barrocas, e unha torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos (Castelo de Castroverde).
O Camiño comeza cun breve ascenso por [[Pradeda, A Esperela, Baleira|Pradeda]] ata o Alto da Vaqueriza (840 m), para comezar un prolongado descenso ata Lugo. Deixa o concello de Baleira e pasa por [[Vilabade, Castroverde|Vilabade]], xa no de [[Castroverde]], para entrar ó pouco na capital do concello. Aquí destaca a igrexa de Santa María de Vilabade, tamén chamada a ''catedral de Castroverde'', gótica do século XV con reformas posteriores barrocas no XVII <ref>No retablo maior destaca a imaxe de Santiago ''matamouros''.</ref>, e unha torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos (Castelo de Castroverde).


Segue por [[Souto de Torres, Castroverde|Souto de Torres]] e [[Vilar de Cas, Moreira, Castroverde|Vilar de Cas]], e entra no concello de Lugo por [[Gondar, Lugo|Gondar]], [[Carballido, Lugo|Carballido]] e [[Manzoi, Carballido, Lugo|Manzoi]]. Finalmente, tras atravesar [[As Casas da Viña, Carballido, Lugo|As Casas da Viña]] chégase a [[Lugo]].
Segue por [[Souto de Torres, Castroverde|Souto de Torres]] e [[Vilar de Cas, Moreira, Castroverde|Vilar de Cas]], e entra no concello de Lugo por [[Gondar, Lugo|Gondar]], [[Carballido, Lugo|Carballido]] e [[Manzoi, Carballido, Lugo|Manzoi]]. Finalmente, tras atravesar [[As Casas da Viña, Carballido, Lugo|As Casas da Viña]] chégase a [[Lugo]].

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2014 ás 22:44

Denomínase Camiño Primitivo ou Ruta Xacobea Primitiva un dos Camiños de Santiago que comprende desde Uviéu (Oviedo) a Santiago de Compostela, por un total de 343 km [1]. O cualificativo de Primitivo débese a que foi a ruta utilizada no século IX polo rei Afonso II de Oviedo (Afonso II o Casto) cando coñeceu a noticia do descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago. Trala visita ó sepulcro e a confirmación real de que se trataba dos restos do Apóstolo, mandou construír unha capela no lugar que, tras sucesivas reformas e reconstrucións, converteuse na actual Catedral de Santiago. A maiores, outorgou doazóns e promoveu a creación dunha comunidade monástica que atendese a nova igrexa de Santiago.

Ata ben entrado o século X non se asegura a conquista do norte da península, o Camiño Primitivo foi o itinerario seguido polos peregrinos do norte español e europeos. A partir dos séculos X e XI foi entrando en declive ó ser substituído polo Camiño Francés. Aínda así, mantivo sempre certa relevancia polo interese dos peregrinos en visitar as reliquias da catedral de Uviéu: moitos dos que viñan polo Camiño Francés se desviaban en León para visitar a catedral e recuperaban a peregrinación a Santiago seguindo o Camiño Primitivo.

Con este Camiño Primitivo enlazan o Camiño do Norte, que viña de Irun a Santiago bordeando a costa cantábrica, e o Camiño de Santiago Real, que subía desde León ata Uviéu.

Nos últimos anos, os gobernos asturiano e galego esforzáronse en crear e manter camiños para os peregrinos, así como na sinalización e na dotación de albergues. Aínda así, estes últimos son escasos (1-2 cada tramo de 15-25 km) excepto o comprendido entre Lugo e Melide.

Itinerario

Como acontece con outros itinerarios do Camiño, a ruta varía -lixeiramente- segundo a fonte consultada, variación que tamén afecta ó número e extensión das etapas a percorrer.

Dividirémolo en 12 etapas, comprendidas entre Uviéu e Melide, onde conflúe co Camiño Francés para continuar pola mesma ruta ata Santiago.

O Camiño Primitivo en Asturias

1ª etapa: Uviéu - Grau

Catedral de San Salvador de Uviéu

O Camiño comeza na catedral de Uviéu, a Catedral de San Salvador, de estilo gótico e construída no século XIII sobre unha catedral prerrománica do século IX levantada por Froila I. Uviéu contou con varios hospitais de peregrinos e, xunto á Cámara Santa da Catedral, un cemiterio de peregrinos.

Deixa a cidade pola porta de Santiago (unha das oito portas coas que contaba a muralla da cidade, da que xa só quedan restos) e San Llázaru de Paniceres (hoxe un barrio de Uviéu) e pasa por Llampaxuga, Lloriana e La Bolguina. Cruza o río Nora pola Ponte de Gallegos, do século XIII, e sube ata Escampleru, xa no concello de Les Regueres, onde houbo un hospital de peregrinos documentado en 1409.

Segue por Valsera, Premoñu (onde tamén houbo hospital de peregrinos do que só queda a capela, dedicada a Santa Ana), Paladín e Puerma, seguindo o cauce do río Nalón, que se cruza en Peñaflor sobre unha ponte de traza orixinal románica. Xa no concello de Grau, chega axiña á capital, Grau, , á que se accede cruzando a ponte sobre o río Cubia, afluente do Nalón. A cidade foi fundada no século XIII por Afonso X o Sabio e está cruzada polo río Cubia; é unha típica vila nacida ó redor do Camiño, coas casas organizadas ó longo da rúa principal, central.

2ª etapa: Grau - Salas

Mosteiro de San Salvador de Curniana

A segunda etapa comeza cunha forte ascensión ata San Xuan (de Villapañada) e o alto do Freixo (co santuario da Virxe do Freixo), para descender logo cara San Marcelo e La Doriga (xa no concello de Salas); en La Doriga destaca a igrexa románica de Santa Baia. Tralo alto de Cabruñana, onde houbo unha leprosería, segue por Curniana tras cruzar o río Narcea, onde destaca o mosteiro de San Salvador, de comezos do século XI con fachada e claustro barrocos, que estivo ocupado ata a desamortización de 1835. Posúe unha portada románica, chamada Porta da Osa, na que se representa unha osa aleitando unha meniña. A igrexa está dedicada hoxe a San Xoán Bautista e acolle un albergue de peregrinos.

O Camiño ascende ó outeiro de Santa Eufemia e segue por Llamas e Quintana. Cruza o rego Nonaya e pasa por Casazorrina e Maicín, para chegar inmediatamente a Salas, onde destaca a colexiata de Santa María a Maior (gótico renacentista do século XVI) e o Palacio de Valdés-Salas (do mesmo século). Na torre medieval unida ó palacio, do XIV, está aberto un museo prerrománico. En Salas houbo hospital de peregrinos.

3ª etapa: Salas - Tinéu

O Camiño comeza cunha ascensión en paralelo á estrada N-634 pola aldea de Porciles, Boudenaya e La Espina (onde existiron dous hospitais). Aquí está a ermida do Cristo dos Aflixidos, do XV.

Un destes hospitais dependía directamente de Compostela, e o arcebispo de Santiago recibía, como renda anual, catro bois bos [2].

Entra agora no concello de Tinéu por La Preda e El Pedregal. Tras 6 km se alcanza a capital do concello, coa ermida de San Roque. Tinéu é o segundo concello de Asturias en extensión, con título de puebla desde o século XIII. Cando Afonso IX lle concedeu esta distinción deixou establecido que o Camiño pasara por este lugar (daquela, o Camiño seguía máis ó norte) e mais polo mosterior de Obona -que veremos na etapa seguinte- e que se castigara os peregrinos que se desviaran. Do convento franciscano de San Pedro, do século XIII, queda só a igrexa, estando convertidas as dependencias do antigo convento en Museo de Arte Sacra.

"Don Alfonso IX de León le concedió [a La Espina] un privilegio en el cual le señala, con el lugar de Tineo, como paso obligado de los peregrinos, prohibiendo se intentase desviarles de esta ruta"
Juan Uría [3].

4ª etapa: Tinéu - Bourres

Mosteiro de Santa María de Oubona

A etapa comeza cun primeiro tramo en leve ascenso ata o alto de Piedratecha (900 m de altitude), tralo que volve descender ata a aldea do mesmo nome. Tras 10 km de marcha pasa moi próximo ó mosteiro de Santa María de Oubona (distante uns centos de metros do Camiño).

O mosteiro, románico do século XIII [4], está hoxe completamente abandonado. Foi reformado no XVII por Melchor de Velasco. Contén unha talla de Cristo crucificado do século XII.

Segue por Villaluz, Berrigoso (hoxe deshabitado) e Campiello, e logo por El Freisnu e El Espín, para chegar finalmente a Bourres, pequeno lugar do concello de Tinéu no que hoxe non quedan servizos para o peregrino aínda que conta con albergue, polo que pode ser recomendable continuar camiñando ata La Puela.

5ª etapa: Bourres - La Puela

Palacio de Cienfuegos, en La Puela

O Camiño comeza por Samblismo e segue, con ascensos e descensos sucesivos, por La Mortera e Porciles, para ascender ó alto de Lavadoira. Finalmente, pasa por Ferrói e descende ata La Puela.

La Puela conta con carta fundacional do século XIII. Destaca o palacio de Cienfuegos, do século XIV e reformado posteriormente.

Ó chegar a Samblismo pode collerse unha ruta alternativa cara o norte, por Fonfaraón e Montefurado (en Llago, Allande), pero non recomendable en inverno. Esta ruta é máis dura, cun ascenso ata os 1.200 m de altitude, pero permite contemplar os restos dos hospitais que houbo nesta ruta, considerada a primitiva. En Montefurado, que veremos na etapa seguinte, conecta coa ruta oficial, o que aumenta considerablemente a distancia a percorrer.

6ª etapa: La Puela - A Mesa

Esta dura etapa implica a ascensión ata o Porto do Palo (1.145 m) desde o que se goza de amplas paisaxes. Antes de alcanzar o cumio pasa por Penaseita e La Reigada, para logo descender cara Montefurado [1], Llago e Berducedo. Tras un novo ascenso éntrase no concello de Grandas de Salime e chégase finalmente á Mesa.

7ª etapa: A Mesa - Grandas de Salime

Hórreo asturiano do Museo Etnográfico de Grandas de Salime

Tras unha breve subida, a etapa caracterízase polo camiño en continuo descenso cara o encoro de Salime no río Navia, inaugurado en 1954.

Comeza atravesando Buspol e, tras dúas horas de marcha, o lugar de Salime (hoxe anegado baixo as augas do encoro). Crúzase o encoro e chégase a Vistalegre e, finalmente a Grandas de Salime, no concello do mesmo nome, último que atravesa o Camiño antes de entrar en Galicia.

En Grandas destaca a colexiata de San Salvador, de 1186 pero totalmente reconstruída no XVIII. Do edificio orixinal conserva unicamente unha portada románica hoxe no interior da igrexa, amparando unha pía bautismal do XII. A cidade posúe un interesante museo etnográfico.

O Camiño Primitivo en Galicia

8ª etapa: Grandas de Salime - A Fonsagrada

Vista xeral de Paradavella

Case a primeira metade desta etapa constitúe unha ruta ascendente, pasando por A Farrapa, Cereixeira e Castro, onde o peregrino pode facer un descanso para visitar o castro de Chao Samartín [2]. O Camiño pasa logo ó pé da ermida de San Lázaro e, en Xestoselo, continúa pola beiravía da estrada, ascendendo ata o porto do Acevo, a 1.330 m de altitude [5]. Un quilómetro antes de alcanzar o cumio entra na provincia de Lugo a través do concello da Fonsagrada.

Comeza agora o descenso e pasa por Cabreira, Fonfría (onde houbo un hospital de peregrinos atendido por cabaleiros da Orde de San Xoán), Barbeitos, Silvela e Paradanova, para iniciar un breve ascenso ata A Fonsagrada. O peregrino aínda debe percorrer dous quilómetros ata San Xuán do Padrón, onde se atopa o albergue.

No interior da igrexa de Santa María da Fonsagrada hai unha capela na que se atopaba a fonte que dá orixe ó nome da vila (Fons Sacrata) [6].

En Paradanova, o Camiño divídese para seguir ó val de Burón e [A Bastida, A Fonsagrada|A Bastida]], ou directamente cara A Fonsagrada. Ambas vías únense en Montouto, pouco antes de Paradavella (na seguinte etapa).

9ª etapa: A Fonsagrada - O Cádavo

Albergue de peregrinos no Cádavo

Esta etapa discorre habitualmente pola beiravía da estrada LU-530, salvo un tramo a partir de Montouto. Pasa primeiro por Vilardongo e Montouto, onde houbo un hospital dedicado a Santiago, do século XIV que seguía en funcionamento a principios do XX. Próximo ó hospital de Montouto está o menhir de Pedra Labrada [3], que servía de marco para delimitar os territorios e como orientación para os peregrinos.

A partir de aquí comeza un descenso a Paradavella e A Degolada, por onde entra no concello de Baleira, e unha nova subida cara A Lastra e A Fontaneira (930 m). Na Fontaneira hai unha igrexa de Santiago, construída sobre o que foi capela e albergue de peregrinos de hai séculos. Aínda faltan 6 km de marcha ata chegar ó Cádavo, onde radica a capital do concello.

Nas proximidades do Cádavo atópase o Campo da Matanza. Segundo a tradición, ó redor de 813, houbo neste punto unha dura batalla entre as tropas do rei Afonso II o Casto e os mouros, con tal número de feridos e mortos que o sangue correu pendente abaixo. Alí onde chegou o sangue ergueuse unha igrexa. En memoria deste feito, a antiga casa do concello ostenta na fachada un escudo que representa un soldado cristián matando os mouros.

10ª etapa: O Cádavo - Lugo

Porta de San Pedro na muralla de Lugo, por onde entraban os peregrinos

O Camiño comeza cun breve ascenso por Pradeda ata o Alto da Vaqueriza (840 m), para comezar un prolongado descenso ata Lugo. Deixa o concello de Baleira e pasa por Vilabade, xa no de Castroverde, para entrar ó pouco na capital do concello. Aquí destaca a igrexa de Santa María de Vilabade, tamén chamada a catedral de Castroverde, gótica do século XV con reformas posteriores barrocas no XVII [7], e unha torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos (Castelo de Castroverde).

Segue por Souto de Torres e Vilar de Cas, e entra no concello de Lugo por Gondar, Carballido e Manzoi. Finalmente, tras atravesar As Casas da Viña chégase a Lugo.

O peregrino entraba no Lugo amurallado a través da Porta de San Pedro, onde unha placa lembra o feito: "Por aquí entró el rey Alfonso II el Casto, inaugurando el primer Camino de Santiago". Por esta mesma porta entraban as calzadas XIX e XX procedentes de Asturica Augusta (hoxe Astorga) e Bracara Augusta (hoxe Braga). A porta romana orixinal foi substancialmente modificada no XVIII.

11ª etapa: Lugo - San Romao da Retorta

O peregrino debe cruzar a cidade de Lugo e saír atravesando o río Miño pola ponte romana. Segue por Seoane, San Vicente do Burgo, Bacurín e San Pedro de Mera, parroquia que conta cun lugar co expresivo nome do Hospital, que atravesa o Camiño.

Antes de chegar a Mera cómpre permitirse unha desviación cara Santalla de Bóveda, para visitar o santuario tardorromano (dos séculos II a IV) situado a carón da actual igrexa parroquial de Santalla.

Ó pouco, o peregrino alcanza ó concello de Guntín e entra en San Romao da Retorta, cunha igrexa románica do século XII. Tamén mostra unha copia dun miliario romano que hoxe se conserva no Museo de Astorga.

Existe unha ruta alternativa que conduce ó peregrino cara o Camiño do Norte. Esta vía sae de Lugo e pasa por Friol para conectar con el antes de chegar a Sobrado dos Monxes. Remata confluíndo co Camiño Francés en Arzúa.

12ª etapa: San Romao da Retorta - Melide

A partir de San Romao hai dúas rutas alternativas, unha que segue a antiga vía romana (ruta que está sinalizada con frechas amarelas) e outra, que segue o Camiño oficial e que está sinalizada cos fitos quilométricos típicos do Camiño en Galicia.

Deixa Guntín por Vilamaior de Negral (onde pode tomar unha ruta alternativa que leva directamente a Palas de Rei e segue co Camiño Francés) e entra no concello de Palas de Rei por Xende, A Ponte Ferreira (lugar onde se une a alterantiva citada antes pola vía romana), A Leboreira e O Hospital das Seixas.

O Camiño entra agora no concello de Toques, pasando por Vilouriz e Vilamor, para chegar a Melide, onde conflúe co Camiño Francés.

Ó peregrino aínda lle quedan 54 km para chegar ó fin do Camiño.

Notas

  1. Distancia tomada dos mapas da Credencial do Peregrino
  2. Xosé Ramón Pousa, px. 338.
  3. Citado por Ramón Pousa, px. 338.
  4. Aínda que existe un documento, non verosímil, que o retrasa ata o ano 780.
  5. Xacovbeo.es.
  6. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia, 2008. Editorial Galaxia, Vigo.
  7. No retablo maior destaca a imaxe de Santiago matamouros.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pousa, Xosé Ramón, e Lobato, Xurxo: El Camino de Santiago, La Voz de Galicia 1992.

Ligazóns externas