Río Cubia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cubia
Rio Cubia.JPG
O Cubia ao seu paso por Grau.
PaísAsturias
NacementoPico La Berza, Grau
Lonxitude41 km
Conca210 km²
Caudal medio5,13 m³/s
DesembocaduraRío Nalón

O Cubia é un río do centro de Asturias, afluente do río Nalón pola esquerda. Ten unha lonxitude de 41 km.

Nace no Pico La Berza, a uns 1.300 metros sobre o nivel do mar, na serra de Porcabezas. O nacemento atópase na parroquia de Tolinas, no concello de Grau. Pasa polas localidades de Tolinas, Las Villas, Villamarín, Santianes de Molenes, Cubia, Perea. La Mata, Grao e Castañéu. Desemboca no río Nalón na parroquia de Castañéu, no concello de Grau.

Os seus principais afluentes son os ríos Vega e Menéndez.