A Lastra, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Lastra
A Lastra, Baleira.jpg
Vista da Lastra.
ConcelloBaleira
Área4,84 km²
Poboación68 hab. (2013)
Densidade14,05 hab./km²
Entidades de poboación2

San Xoán da Lastra é unha parroquia do concello de Baleira. Os seus 68 poboadores agrúpanse en dúas entidades: A Lastra (56) e O Sollío (12) no 2013.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Igrexa San Xoán A Lastra, Baleira.jpg

Ten unha superficie de 4,84 km². Limita ao norte con Cubilledo e A Degolada, ao sur coa Fontaneira, ao leste con Freixo (A Fonsagrada) e ao oeste con Cubilledo e A Fontaneira. Esta parroquia formou parte da antiga xurisdición de Baleira, xunto con Cubilledo, Degolada e Librán, e pertence ó arciprestado de Monterroso.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Xoán da Lastra ten planta rectangular, de corte popular. Os muros son de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas augas. No altar maior non conserva retablo, xa que o orixinal, de estilo neoclásico e moi sinxelo, foi trasladado á sancristía.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Lastra[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Lastra no concello de Baleira (Lugo)

A Lastra | O Sollío

Parroquias de Baleira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]