Saltar ao contido

Río Narcea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Narcea
Imaxe
Tiporío
curso de auga
río principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Nalón Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°28′27″N 6°06′25″O / 43.474198, -6.107046
Afluente
Conca hidrográficaNalón basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións110,9 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.135 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal15,77 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Narcea é un curso de auga asturiano, afluente do Nalón pola súa beira esquerda. É o segundo dos ríos máis importantes de Asturias que desenvolven o seu curso completo dentro do Principado, tanto pola súa lonxitude, 91 km, como polo seu caudal medio, 43,41 m³/s.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Narcea nace nas Fontes del Narcea, na serra de Cenielles, a preto de 1.600 m.s.n.m., para fluír con sentido xeral se suroeste a nordeste. Ao longo do seu curso baña os concellos de Cangas del Narcea, Tinéu, Miranda e Pravia. Neste último rende as súas augas ao Nalón á altura do lugar de Forcinas. En conxunto a súa conca abrangue unha área de 1.135 km².

A localidade máis importante sita ás súas beiras é Cangas del Narcea.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Pola dereita:

Pola esquerda:

Espazos naturais

[editar | editar a fonte]

Na cabeceira do río sitúase o Parque Natural das Fontes do Narcea, Degaña e Ibias.

Aproveitamento hidroeléctrico

[editar | editar a fonte]

No Narcea están instalados dous encoros para a produción de electricidade, son os de La Barca (con 32 millóns de m³ de auga represados) e o de Honda (800.000 m³).

É un dos ríos salmoneiros máis importantes de Asturias.