A Fontaneira, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Fontaneira
Vista A Fontaneira, Baleira.jpg
Vista da Fontaneira.
ConcelloBaleira
Área22,53 km²
Poboación102 hab. (2013)
Densidade4,53 hab./km²
Entidades de poboación8

Santiago da Fontaneira é unha parroquia do concello de Baleira. Os seus 102 habitantes distribúense en 8 entidades de poboación: O Estornín (9), A Fontaneira (25), Pandelo (8), A Pasada (14), O Sesto (6), O Trabeiro (7), O Vilar dos Adrios (21) e Xestoso (12) no 2013.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santiago na Fontaneira.

Limita con Cubilledo ao norte; Pedrafita de Camporredondo (no concello de Baralla) ao sur; Freixo e A Lastra ao leste e Librán e A Esperela ao oeste. O seu nome vén dado por ser a liña divisoria das augas dos ríos Eo e, sobre todo, do Neira. Ocupa unha superficie de 22,53 km².

Monumentos[editar | editar a fonte]

A maioría dos monumentos desta parroquia son de carácter relixioso. Así, temos catro capelas situadas en distintas aldeas da parroquia:

  • A Capela de San Miguel do Vilar dos Adrios, unha capela de reducidas dimensións, de planta rectangular e construción popular. Os muros son cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta é de lousa a dúas augas. Conserva no seu interior un sinxelo retablo de estilo popular barroco sen cronoloxía definida.
  • A Capela de San Ramón do Trabeiro, unha pequena capela de planta rectangular de construción popular. Os muros tamén, seguindo a tradición das demais capelas do concello, son de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta é de lousa a dúas augas. Conserva no seu interior un sinxelo retablo de estilo popular sen cronoloxía definida.
  • A Capela de Santa María da Pasada, unha pequena capela de planta rectangular de construción popular. Con muros de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta é de lousa a dúas augas. Conserva no seu interior un sinxelo retablo barroco de estilo popular.
  • A Capela de Xestoso é de planta rectangular e de construción popular. Os muros que a sosteñen de pé son de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta é de lousa a dúas augas. Remata o frontis nun pequeno campanil. Esta emprazada no centro da aldea, rodeada por construcións tradicionais.
Fachada a igrexa parroquial.

Na Fontaneira encontrase a igrexa parroquial de Santiago da Fontaneira, un edificio de planta rectangular e presbiterio da mesma forma, ao que se adosa na parte posterior a sancristía, de planta rectangular e con dúas portas alinteladas de acceso. Os muros que a conforman son de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta é de lousa a dúas e catro augas. A cuberta descansa sobre dous arcos de medio punto que se apoian nas pilastras dos muros laterais. O arco triunfal é da mesma forma que os das naves. A portada principal é alintelada, e culmina no frontis unha espadana de dous vaos. Conserva no seu interior un único retablo moi sinxelo de estilo barroco.

A área recreativa O Trabeiro sitúase ao carón da estrada C-630. Dispón dunha zona verde, con céspede, e un piñeiral. Cerca de alí está a aldea do Trabeiro, un núcleo de poboación formado por varias casas de construción tradicional. Construcións feitas con muros de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e cubertas do mesmo material. Nesta aldea consérvanse varios celeiros e cabazos con cuberta de palla.

Outro lugar de interese é a aldea da Pasada. Nesta aldea tamén se conservan varios celeiros e cabazos con cuberta de palla e paredes a base de trenzados de pólas.

O carón de Vilar dos Adrios sitúase, a uns 150 m, un castro da época precelta,[Cómpre referencia] pero esta sen datar.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Fontaneira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Fontaneira no concello de Baleira (Lugo)

O Estornín | A Fontaneira | Pandelo | A Pasada | O Sesto | O Trabeiro | O Vilar dos Adrios | Xestoso

Parroquias de Baleira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]