Xoves de Prata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Xoves de Prata foi un evento ocorrido nos mercados financeiros no xoves 27 de marzo de 1980. Unha empinada caída nos prezos da prata desembocou en pánico na materia prima e os contratos de futuros.

Procedencia[editar | editar a fonte]

Nelson Bunker Hunt e Herbert Hunt, os fillos do billonario do petróleo en Texas Haroldson Lafayette Hunt, Jr. estiveran intentando encurralar ao mercado da prata. En 1980 o prezo acadou unha alza espectacular (48.70$/oz.) e se estimaba que os irmáns posuían preto dunha terceira parte dos recursos mundiais. Mais en canto o prezo caía novamente, foron incapaces de responder ás súas obrigacións, causando pánico nos mercados.

Xoves de Prata[editar | editar a fonte]

Os irmáns Hunt investiran fortemente en contratos a futuros a través da corretaxe Halsey Stuart Shields, agora Prudential-Bache Securities. Cando o prezo da prata derrubouse embaixo do requisito mínimo, obtiveron unha marxe de erro de preto de $100 millóns. Os Hunt foron incapaces de lle facer fronte e o pánico conseguinte púidose sentir nos mercados financeiros en xeral, así como na materia prima e nos futuros.

Para salvar a situación, un consorcio de bancos en Estados Unidos proporcionou 1,100 millóns de dólares en liñas de crédito para permitir aos irmáns Hunt lles pagar a Bache e desta maneira salvar a traxedia.

Secuelas[editar | editar a fonte]

Os Hunt perderon centos de millóns de dólares a través deste incidente, mais as fortunas familiares sobreviviron.

Nelson Hunt declarouse en bancarrota e foi declarado culpábel en 1988 por tratar de encurralar ao mercado.