Ken Loach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ken Loach
Ken Loach.jpg
Ken Loach
Nacemento 17 de xuño de 1936
Nuneaton, Warwickshire (Reino Unido)
Profesión Director de cine

Kenneth Loach, máis coñecido como Ken Loach, nado en Nuneaton, Warwickshire, o 17 de xuño de 1936, é un director cinematográfico inglés, coñecido polo seu estilo de realismo social e temática socialista vencellados á súa militancia trotskista.

Biografía[editar | editar a fonte]

Con 25 anos, mentres estudaba Dereito en Oxford, no St Peter's College, entrou en contacto por vez primeira coas artes escénicas, actuando no grupo de teatro da universidade. Logo de graduarse, traballou como asistente de dirección no Northampton Repertory Theatre. Pero estaba máis interesado no mundo audiovisual que no das táboas, polo que logo de obter en 1963 unha bolsa na canle de televisión BBC, iniciouse na dirección.

O ambiente respirado naqueles anos favorecía a realización de programas que criticaban as inxustizas sociais, onde Loach atopou a visión e a voz que caracterizaría o seu cinema. A partir de 1964 comezou a dirixir unha serie de documentais, sendo o máis famoso deles Cathy Come Home (1966). Relativo á pobreza, acadou un notable éxito.

Desde entón e ata comezos dos 80, dividiu o seu tempo entre o cine e a televisión. Filmou catro longametraxes, numerosos documentais e películas para TV como The Big Flame (1969, sobre os traballadores portuarios de Liverpool) e a serie Days of Hope (1975, sobre os feitos que levaron á folga de 1926, e a derrota do Movemento Laborista Británico).

Con Margaret Thatcher no poder, creceu o paro e os recortes de orzamento cultural. A "Dama de Ferro" gañouse moitos inimigos entre os artistas, Loach entre eles. O Channel Four prohibiu os seus documentais A Question of Leadership, cos que combate o Thatcherismo, polo que ó longo de toda esa década só puido filmar dúas películas.

Nos anos 90, cos cambios políticos, a súa carreira revitalizouse. Filmou ata a actualidade 27 películas, obtendo a maioría delas numerosos premios, consolidando a súa carreira internacional, pero manténdose sempre fiel ó estilo que foi unha constante na súa vida: a defensa dos oprimidos. En canto á militancia estritamente política, Ken Loach é na actualidade membro da directiva da coalición de esquerda RESPECT.

Herdeiro do british social realism (realismo social británico)[editar | editar a fonte]

Loach, en cuxas películas moitos cren ver algo así como un "grao cero da escritura cinematográfica", ten un estilo depurado e sintético. Como herdeiro inequívoco das principais tendencias de cine realista de Europa e en maior medida do cine independente que se caracterizaba polo seu realismo, o seu inconformismo social, a súa crítica á burguesía e á sociedade, e o seu acercamento ós seres anónimos da mesma, ou o seu sentido do humor.

Ken Loach, ó igual que os seus antecesores, denuncia os traumas que ocasiona nos seres humanos a vida nas cidades industriais a pesar dos avances tecnolóxicos, e coas súas historias sacude as conciencias da sociedade contemporánea co el fin de mellorar substancialmente as condicións da clase obreira, poñendo como exemplo o que mellor coñece: as inxustizas que sofren as clases menos favorecidas na sociedad británica.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ken Loach