Industria pesada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enténdese por industria pesada como aquela que traballa e trata os produtos na súa orixe en gran cantidade, con exclusión dos agrícolas, para convertelos en produtos semielaborados e que serán posteriormente empregados pra fabricación doutros bens destinados ao consumo final. Trata grandes cantidades de produtos brutos, pesados, para transformalos en produtos semielaborados.

A industria metalúrxica ten unha gran dependencia das materias primas, esixe investimentos moi elevados e ocupa moito chan industrial.

A industria metalúrxica proporciona: lingotes, forxados, tubos, planchas de aceiro, ferro, aluminio ou outro metal con vistas a utilizalos noutras fábricas.

A industria química é máis variada, xa que utiliza unha gama maior de materias primas: combustibles sólidos, líquidos e gasosos, pirita, cal, sales, produtos vexetais e animais, etc. A elaboración de produtos químicos é máis complexa.

Os produtos máis comúns son: fertilizantes, colorantes, explosivos, plásticos, gomas, caucho, deterxentes, aillantess, fibras artificiais, produtos fotográficos, produtos farmacéuticos, etc. Un tipo de industria química diferenciada é a refinería de petróleo.