PBC CSKA Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CSKA
ЦСКА
HC CSKA Moscow Logo.svg
Competición Flag of Russia.svg PBL
Comunidade de Estados Independentes VTB United League
Fundado 1924
Cidade Flag of Russia.svg Moscova (Rusia)
Pavillón CSKA Sports Hall (5.500)
Cores           Vermello e azul
Presidente Andrey Vatutin
Adestrador Jonas Kazlauskas
Euroliga 6 (1961, 1963, 1969, 1971, 2006, 2008)
Liga URSS 24 (1945, 1960-62, 1964-66, 1969-74, 1976-84, 1988, 1990)
PBL 18 (1992-00, 2003-11)
VTB 2 (2008, 2010)
Copa URSS 3 (1972, 1973, 1982)
Copa Rusia 4 (2005, 2006, 2007, 2010)
Copa da liga 3 (2007, 2010, 2011)
Alcume O Exército Vermello
Triple coroa 1 (2006)
Patrocinador Norilsk Nickel
Vestimenta Nike
Sitio Web www.cskabasket.com

PBC CSKA Moscova (en ruso: ПБК ЦСКА Москва) é un club profesional de baloncesto ruso con sede na cidade de Moscova, capital do país. Actualmente xoga na Professional'naya basketbol'naya liga (PBL), máxima competición do baloncesto ruso, e na VTB United League, competición formada polos principais clubs da Europa Oriental. O club é coñecido en Occidente como o "Exército Vermello" pola súa relación no pasado co exército da Unión Soviética.

O CSKA gañou dous títulos da Euroliga, máximo galardón do baloncesto europeo, entre 2006 e 2009, chegando á final os catro anos. En 2006, venceron aos daquela actuais bicampións Maccabi Tel Aviv; perdeu na final de 2007 por tan só dous puntos fronte ao Panathinaikos, en 2008, gañaron de novo fronte ao Maccabi e en 2009 perderon de novo ante o Panathinaikos. O club ten o record de participacións consecutivas na Final Four con oito (2003-2010).

Algúns dos xogadores máis coñecidos que vestiron a camisola vermella ao longo dos anos son: Andrei Kirilenko, Darius Songaila, Gordan Giriček, Alexander Volkov, Sergei Belov, Vladimir Tkachenko, Dragan Tarlac, Marcus Brown, Ramūnas Šiškauskas, Theodoros Papaloukas, Nenad Krstic ou Miloš Teodosić. Logo de moitos anos, o CSKA ten reputación de ser un dos clubs máis ricos de Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

O CSKA Moscova foi o grande dominador do baloncesto soviético, gañando a Liga da URSS en vinte e catro ocasións. Unha vez desintegrada a Unión Soviética, converteuse no dominador indiscutible da agora coñecida como Professional'naya basketbol'naya liga (ПБЛ, máxima competición do baloncesto ruso), gañándoa nove tempadas consecutivas entre 1992 e 2000 e iniciando un novo ciclo dende o 2003 ata 2011, dezaoito en total. Ademais conseguiron nos últimos anos gañar dúas edicións da Euroliga, chegando tamén varias veces á final.

Aos comezos CSKA soubo aproveitar a súa vinculación co exército vermello e fichou a tódolos xogadores que lle interesaron. Calquera xogador podía ser militarizado e se se militarizaba a un baloncestista era, por suposto, porque as súas características interesaban ao equipo do exército. A súa cabeza visible foi, durante moitos anos, un coronel que exercía de adestrador. Licenciado do Instituto Militar da Cultura Física de Leningrado (actual San Petersburgo) en 1952, Alexander Gomelski estivo vencellado toda a súa carreira aos clubs do ministerio de Defensa. Entre 1953 e 1966 foi adestrador do ASK Riga e en 1966 tomou o mando do CSKA, club que baixo o seu mando se converteu nun dos mellores equipos de Europa e que se fixo parte inalienable da vida do coronel-adestrador, quen en 1997 foi nomeado coma o seu presidente. Durante esa época o CSKA gañaou até en catro ocasións a Copa de Europa (actual Euroliga): 1961, 1963, 1969 e 1971.

Os anos 2000 significaron o retorno do CSKA Moscova á elite do baloncesto europeo: entre o 2001 e o 2010 participou en nove ocasións na "Final Four", conseguindo o título en 2006 e 2008. No 2001 disputou a "Final Four" da Suproliga, e nos anos 2003, 2004 e 2005 repetiu participación na "Final Four" da Euroliga. A tempada 2004-05 estivo moi preto do título: gañou tódolos partidos das diferentes fases da Euroliga excepto un (en Moscova fronte ao FC Barcelona), e se clasificou para disputar a "Final Four", organizada na súa propia cidade, mais perdeu a semifinal ante o Tau Cerámica, e o partido polo terceiro e cuarto posto ante o Panathinaikos. A campaña seguinte, 2005-06, os moscovitas resarcíronse e conquistaron a Euroliga na "Final Four" de Praga, dirixidos polo base grego Theodoros Papaloukas.

Ao ano seguinte perderían na final ante o Panathinaikos por tan só dous puntos de diferencia, 93 a 91, pese aos 23 puntos e oito asistencias de Papaloukas. Con todo ao ano seguinte revalidarían o título vencendo ao Maccabi Tel Aviv na final do Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid de 2008. En 2009 repetirían final fronte ao Panathinaikos perdendo de novo por tan só dous puntos de diferencia, 73 a 71. En 2010 o CSKA volve a xogar a Final Four, aínda que esta vez non chegaría á final tras perder na semifinal contra o Regal FC Barcelona. No partido polo terceiro posto vencerían ao Partizan de Belgrado 90 a 88. Na tempada 2011 acabaría a súa racha de participacións consecutivas na Final Four tras quedar de último do seu grupo con tan só tres vitorias na primeira fase.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

CSKA Moscova 2011-2012
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 4 Flag of Serbia.svg Teodosić, Miloš 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (210 lb) Olympiacos
AP 7 Flag of Lithuania.svg Lavrinovič, Darjuš 2.12 m (6 ft 11.5 in) 120 kg (265 lb) Fenerbahçe Ülker
A 8 Flag of Lithuania.svg Šiškauskas, Ramūnas 1.98 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb) Panathinaikos
E 11 Flag of the Dominican Republic.svg Mejia, Sammy 1.98 m (6 ft 6 in) 88 kg (195 lb) Cholet Basket
P 12 Flag of Serbia.svg Krstić, Nenad 2.13 m (7 ft 0 in) 109 kg (240 lb) Boston Celtics
E 18 Flag of Russia.svg Voronov, Evgeny 1.93 m (6 ft 4 in) 87 kg (192 lb) Krasnye Krylia
AP 20 Flag of Russia.svg Vorontsevich, Andrey 2.07 m (6 ft 9.5 in) 107 kg (235 lb) Canteira
B 23 Flag of Russia.svg Shved, Alexey 1.98 m (6 ft 6 in) 86 kg (190 lb) Dinamo Moscova
P 24 Flag of Russia.svg Kaun, Sasha 2.11 m (6 ft 11 in) 113 kg (250 lb) Canteira
P 30 Flag of Russia.svg Sokolov, Dmitri 2.14 m (7 ft 0.3 in) 116 kg (255 lb) UNICS Kazan
AP 31 Flag of Russia.svg Khryapa, Viktor (c) 2.06 m (6 ft 9 in) 107 kg (235 lb) Chicago Bulls
B 33 Flag of Russia.svg Ponkrashov, Anton 2.01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Khimki
A 41 Flag of Russia.svg Kurbanov, Nikita 2.03 m (6 ft 8 in) 109 kg (240 lb) Spartak San Pet.
E 44 Flag of the United States.svg Gordon, Jamont 1.93 m (6 ft 4 in) 100 kg (220 lb) Cibona Zagreb
A 47 Flag of Russia.svg Kirilenko, Andrei 2.06 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) Utah Jazz
Adestrador
  • Flag of Lithuania.svg Jonas Kazlauskas
Asistente(s)
  • Flag of Russia.svg Dmitry Shakulin
  • Grecia Giannis Sferopoulos
  • Flag of Russia.svg Sergey Zharmukhamedov
Adestrador(es) atlético(s)
  • Flag of Lithuania.svg Evaldas Kandratavicus

Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (PE) Pasaporte europeo
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 14-11-2011

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]