Get off of My Cloud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Get off of My Cloud"
Canción de The Rolling Stones
do Álbum December's Children
Lanzamento 25 de setembro de 1965 (EUA)
22 de outubro de 1965 (RU)
Formato Disco de vinilo
Gravada 6 e 7 de setembro de 1965, RCA Studios, Hollywood
Xénero musical Rock
Duración 2:55
Discográfica London 45-LON 9792
Decca F12263
Produtor(es) Andrew Loog Oldham
Escritor(es) Jagger/Richards
Cronoloxía
(I Can't Get No) Satisfaction
(1965)
"Get off of My Cloud" As Tears Go By
(1966)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Get off of My Cloud" (en galego: Baixa da miña nube) é unha canción da banda de rock inglesa The Rolling Stones lanzada en 1965. Foi escrita como un complemento do éxito anterior "(I Can't Get No) Satisfaction" e encabezou as listas dos Estados Unidos e do Reino Unido, sendo o segundo hit #1 consecutivo na Unión Americana.[1] The Stones dixeron que a canción está escrita como reacción á súa repentina popularidade tras o éxito de "Satisfaction" e refírese á súa aversión ás expectativas que a xente ten sobre eles.

Historia[editar | editar a fonte]

Escrita por Mick Jagger e Keith Richards, o sinxelo foi gravado en xullo ou a principios de setembro de 1965 nos RCA Studios de Los Angeles, California e producida, como o seu anterior sinxelo, polo seu manager Andrew Loog Oldham, axudado na enxeñaría por Dave Hassinger. Foi lanzada o 25 de setembro dese ano nos Estados Unidos, con "I'm Free" como lado-B, e case un mes máis tarde, 22 de outubro, no Reino Unido, con "The Singer Not the Song" como lado-B, alcanzando o tope das listas en ambos charts.

Letra[editar | editar a fonte]

A letra é desafiante e rebelde, algo común nos Stones da época, onde empezan a cultivar a súa imaxe de "chicos malos". A canción fala da necesidade de estar só e da frustración provocada pola intrusión do veciño, da policía ou do vendedor que peta na porta que na maioría dos casos por demandas estúpidas ou exasperantes.[2]

...Then in flies a guy
who's all dressed up just like a Union Jack,
He says I've won 5 pounds if I have his kind of detergent pack
...Entón vén un tipo
quen parece estar vestido como un Union Jack,
Di que gañarei cinco libras se teño o seu paquete de deterxente
...I laid myself out,
I was so tired and I started to dream,
in the morning the parking tickets were just like a flag stuck on my windscreen
...Prepareime,
estaba tan cansado e empecei a soñar,
na mañá os tickets do parking estaban como bandeiras atoadas no meu parabrisas

A diferenza do seu exitoso hit anterior, "Satisfaction", a canción non se enfoca na insatisfacción co mundo que os arrodea, senón máis ben na conservación do espazo vital da persoa.[2]

...Hey you, get off of my cloud,
Hey you, get off of my cloud,
Don't hang around 'cause two's a crowd
...Ei, ti!, baixa da miña nube,
Ei, ti!, baixa da miña nube,
Non te quedes por aquí porque dous son multitude

Melodía[editar | editar a fonte]

A canción caracterízase pola intro de batería de Charlie Watts e as guitarras xemelgas de Brian Jones e Keith Richards.[3] O ton da canción é en E maior e é unha variación do riff da canción "Louie Louie" de Richard Berry lanzada en 1955.[1]

Persoal[editar | editar a fonte]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Discos de Rolling Stones[editar | editar a fonte]

Versións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Get Off Of My Cloud
  2. 2,0 2,1 Vázquez, Gustavo (2005). The Rolling Stones: Bailando con el Diablo. ISBN:155395677X. Páxina 36
  3. Unterberger, Richie. The Rolling Stones "Get Off of My Cloud". allmusic. 2007 (consultado el 15 de junio del 2007).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]