Tom Brady

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tom Brady co número 12 dos Patriots.

Thomas Edward Brady Junior, nado o 3 de agosto de 1977 na localidade de San Mateo a carón de San Francisco, California, é un xogador profesional de fútbol americano que ocupa a posición de quarterback e que compite na National Football League defendendo as cores dos New England Patriots dende o ano 2000.

Ó longo da súa carreira deportiva disputou 4 Super Bowls, acadando a vitoria en 3 delas, nas tempadas 2001-02, 2003-04 e 2004-05. A única derrota nunha Super Bowl ocorreu na tempada 2007-08, despois de facer unha tempada perfecta (termo co que se define a unha tempada regular con 100% de vitorias antes dos playoffs) e de superar o récord de pases de touchdown (50).

Foi parella da actriz Bridget Moynahan entre 2004 e 2006, coa que tivo un fillo. Dende 2006 a súa parella é a modelo Gisele Bundchen, coa que casou en 2009 e coa que tivo outro fillo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]