Arizona Cardinals
| Arizona Cardinals | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Estabelecido en 1898 Xogan en Glendale, AZ |
||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Afiliacións de Liga/Conferencia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
National Football League (1920–actualmente)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Uniformes | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cores do equipo | Vermello, negro e branco
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mascota | Big Red | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Persoal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Dono | Bill Bidwill | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Presidente | Michael Bidwill | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Xerente xeral | Rod Graves | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Adestrador en xefe | Ken Whisenhunt | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| Historia do equipo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Alcumes de equipo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
The Cards, The Birds, Big Red, The Buzzsaw |
||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Campionatos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campionatos de Liga (2)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campionatos de Conferencia (1)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
Campionatos de División (6)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Estadios | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Dende 1920
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os Arizona Cardinals son un equipo profesional de fútbol americano estadounidense da cidade de Glendale (Arizona) que compite na National Football Conference da National Football League (NFL).
Traxectoria [editar]
A franquía foi fundada en 1898 na cidade de Chicago (Illinois), o que a converte nun dos equipos máis antigos de fútbol americano e o equipo máis antigo da competición, sendo fundado moito antes da creación da NFL en 1920. Foi un dos fundadores da NFL.
Ao longo da súa historia sufriron numerosos traslados, primeiro en 1944, cando debido á falta de xogadores por mor da Segunda Guerra Mundial o equipo se trasladou a Pittsburgh e se fusionou cos Pittsburgh Steelers, formando os Card-Pitt e disolvendo a fusión ao finalizar a Guerra e a franquía voltou á cidade que os vira nacer. En 1960 o equipo trasládase a St. Louis (Missouri) e pasa a denominarse St. Louis Cardinals. Finalmente, en 1988 o equipo trasládase ao estado de Arizona, primeiro á cidade de Houston e despois á cidade de Glendale, na que se encontran actualmente.
A pesar da súa longa historia, o equipo unicamente posúe dous títulos de liga, e chegou por primeira vez a unha Super Bowl, a XLIII na tempada 2008-09, na que perdeu fronte aos Pittsburgh Steelers por 27-23 en Tampa (Florida).
