Jerry Rice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerry Rice
No. 80
Posición:Wide receiver
Información persoal
Nacemento:13 de outubro de 1962 (61 anos)
Lugar:Starkville, Mississippi
Altura:6 ft 2 in (1,88 m)
Peso:200 lb (91 kg)
Información da carreira
Instituto:Moor (Oktoc, Mississippi)
Universidade:Mississippi Valley State
NFL Draft:85 / Rolda: 1 / Pick: 16
Historial de equipos
San Francisco 49ers (1985–2000)
Oakland Raiders (2001–2004)
Seattle Seahawks (2004)
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XXIII, XXIV, XXIX)
  • 1× MVP da Super Bowl (XXIII)
  • 2× MVP Ofensivo da NFL (1987, 1993)
  • 13× Pro Bowl (1986–1996, 1998, 2002)
  • 10× Primeiro equipo All-Pro (1986–1990, 1992–1996)
  • #80 Retirado por San Francisco 49ers
Estatísticas NFL
Recepcións:1.549
Iardas:22.895
Iardas por recepción:14,8
Touchdowns:197
Estatísticas do xogador en NFL.com

Jerry Lee Rice, nado en Starkville (Mississippi) o 13 de outubro de 1962, é un ex xogador profesional de fútbol americano, que competiu como wide receiver na National Football League entre 1985 e 2005, principalmente para os San Francisco 49ers. Tamén xogou para os Oakland Raiders (2001–2004), os Seattle Seahawks (2004) e, aínda que en 2005 asinou polos Denver Broncos non chegou a debutar. En agosto de 2006 os 49ers volvérono contratar para un partido a modo de homenaxe, no cal foi retirado o seu dorsal 80.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rice posúe récords en case todas as categorías estatísticas para xogadores da súa posición, incluíndo o de recepcións, recepcións de touchdown e iardas de recepción. Alén diso, anotou máis puntos que calquera outro xogador da historia (sen contar a posición de kicker) con 1.256. Foi escollido para a Pro Bowl en trece ocasións (1986–1996, 1998, 2002) e nomeado All-Pro en doce das súas vinte temporadas. Tamén posúe tres aneis de campión da Super Bowl. Alén diso posúe máis de 100 récords da NFL, máis que ningún outro xogador na historia por unha ampla marxe de diferenza. Seleccionado para o Pro Football Hall of Fame en 2010 e o College Football Hall of Fame en 2006, está considerado como un dos mellores wide receivers da historia do fútbol americano, senón o mellor.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jerry Rice". Encyclopædia Britannica. Consultado o 5 de febreiro de 2019. whom many consider the greatest wide receiver in the history of the National Football League .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]