Sandžak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a división administrativa do Imperio otomán, véxase Sandjak.
A rexión do Sandžak. En azul, a parte serbia; en amarelo, a montenegrina.

O Sandžak, en serbio, montenegrino, e bosnio, Sandžak, en cirílico, Санџак, (pronuncia IPA /sǎndʒak/), en turco Sancak, tamén coñecido como Raška [1] (en serbio latino Sandžak, en serbio cirílico Рашка, pronuncia IPA /râʃka/) é unha rexión histórica situada ao longo da fronteira entre Serbia e Montenegro.

O nome Sandžak deriva do Sandjak de Novi Pazar, antigo distrito administrativo do Imperio otomán que existiu até as Guerras balcánicas (1912), mentres que Raška era o nome do prominente reino medieval serbio que o precedeu.[2]

Nome[editar | editar a fonte]

A rexión coñécese como Novopazarski Sandžak (Sandžak de Novi Pazar) ou, simplemente, como Sandžak por un grupo étnico local (os bosníacos).

O nome oficial administrativo da rexión, porén, é de distrito de Raška ou óblast de Raška (Raška Oblast / Рашка Област).

Internacionalmente, durante o Imperio otomán e o dominio dos Habsburgo, a zona era coñecida como Sanjak de Novi Pazar, o Sanjak (distrito) de Novi Pazar.

Na Serbia medieval e no último Estado-nación independente, a rexión denomínase polo seu nome preotomán (Raška).

Sandžak é a transcrición local eslava da palabra turca sancak, que literalmente significa "bandeira" ou "bandeira nacional", e que foi utilizado como un termo que representaba a "provincia" ou "distrito". Os Sanjaks orixinariamente foron os primeiros niveis das subdivisións do Imperio otomán. Xurdiron a mediados do século XIV como distritos militares que formaban parte dun sistema militar-feudal.

Ademais do exército profesional remunerado, os otománs tiñan un corpo de soldados de cabalería (chamado dos espahís ou sipahi) que realizaban o servizo militar a cambio de terreos outorgadas polo Sultán (fincas máis grandes foron os chamados zaim ou zeamet, e máis pequenas os timar). Os espahís reuníanse para a guerra segundo o Sanjak en que viviran, e eran dirixidos por un oficial chamado Sanjak-beg ou Sanjak bei (equivalente a "gobernador de distrito").

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa da rexión, entre Serbia e Montenegro. En azul, os concellos de Serbia; en amarelo, os de Montenegro.

O Sandžak ocupa o territorio fronteirizo entre Serbia e Montenegro, desde de Bosnia-Hercegovina até Kosovo, e ten unha extensión de 8.686 km2.

Seis dos municipios do Sandžak son de Serbia (Novi Pazar, Sjenica, Tutin, Prijepolje, Nova Varoš e Priboj), e outros seis de Montenegro (Pljevlja, Bijelo Polje, Berane, Andrijevica, Rožaje e Plav).

A cidade máis poboada da rexión é Novi Pazar (55.000 habitantes), e outras cidades importantes son Pljevlja (23.800) e Priboj (19.600).

En Serbia, os municipios de Novi Pazar e Tutin están incluídos no distrito de Raška, mentres que os de Sjenica, Prijepolje, Nova Varoš e Priboj pertencen ao distrito de Zlatibor.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Sandjak de Novi Pazar.

Os primeiros habitantes coñecidos da rexión do Sandžak foron os ilirios. No século I, a rexión foi conquistada polos romanos, e nos séculosVI e VII asentáronse nela tribos eslavas, entre elas a dos serbios.

Durante a Idade Media a rexión formou parte do estado serbio de Raška. A capital de Raška foi a cidade de Ras, situada pretoi da actual Novi Pazar. Máis tarde formaría parte dos diferentes estados serbios, até que foi conquistada polo Imperio otomán no século XV.

O Sandjak de Novi Pazar en 1878.

Durante os séculos de dominio otomán, o Sandjak de Novi Pazar foi parte da Provincia de Bosnia antes de formar parte da provincia de Kosovo, en 1878.

O Congreso de Berlín de 1878 permitiu o establecemento de gornicións militares austro-húgaras no Sandžak, que se manrtiveron alí até finais de 1909.

En outubro de 1912, o Sandžak foi ocupado por tropas serbias e montenegrinas na Primeira guerra balcánica, e o seu territorio foi dividido entre os reinos de Serbia e Montenegro. Moitos dos seus habitantes bosníacos e albaneses emigraron cara a Turquía como consecuencia da opresión das novas autoridades serbias e montenegrinas.

A vagada migratoria continuou desde 1912 a 1970. Ao redor de un millón de turcos teñen asúa orixe ancestral no Sandžak. Hai nomerosas colonias de bosníacos do Sandžak en Turquía, nas zonas de Edirne, Istanbul, Adapazarı, Bursa e Samsun, entre outras.

Durante a Primeira Guerra Mundial o Sandžak foi ocupado polo Imperio austro-húngaro desde 1914 a 1918. En 1918, os reinos de Serbia e de Montenegro uníronse creando o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, que máis tarde (1929) se denominaría Reino de Iugoslavia. Entre 1929 e 1941, o Sandžak formou parte dunha nova provincia ou banovina, a Banovina de Zeta, con capital en Cetinje.

A maior parte do Sandžak foi ocupada polos italianos durante a Segunda Guerra Mundial, e posta baixo o goberno de Montenegro (a cidade de Novi Pazar foi incluída na Serbia de Nedić, mentres que Plav e Rožaje foron incluídas en Albania, que estaba baixo administración italiana), quedando baixo ocupación alemá desde 1943. Ao acabar a guerra, o Sandžak foi dividido de novo entre Serbia e Montenegro, segundo o acordo de división inicial entre os dous estados de 1913 (véxase mapa do cabezallo).

As Guerras iugoslavas da década de 1990 deixaron o Sandžak fortemente danado, xa que as guerras de Bosania e de Kosovo comportaron tensións étnicas e (no último caso) bombardeos das forzas da OTAN. Segundo os partidos polítics bosnios do Sandžak, uns 60.000-80.000 bosnios emigraron da rexión nese período, como resultado da opresión e dos ataques policiis no Sandžak.

En 1995 producíronse algunhas matanzas masivas de bosnios, a máis notable en Sjeverin (Priboj), Bukovica[3] [4]

Cos cambios democráticos en Serbia no ano 2000, os bosnios puideron participar na vida política de Serbia e Montenegro, como Rasim Ljajić, bosnio que foi ministro do goberno de Serbia e Montenegro, ou Rifat Rastoder, actual presidente do Parlamento de Montenegro.

Os datos dos censos mostran unha emigración xeral de todas as nacionalidades desta rexión subdesenvolvida.

Demografía[editar | editar a fonte]

Símbolo Nacional dos bosnios no Sandžak.
Mapa étnico do Sandžak (Raška)
(incluíndo Plav e Andrijevica) segundo os censos de 2002 de Serbia e de 2003 de Montenegro.
Notas:
1. O mapa mostra as maiorías da poboación nos municipios.
2. A liña vermella sinala a fronteira entre Serbia e Montenegro.

O Sandžak é unha rexión etnicamente moi mesturada. De acordo con datos do censo da poboación de 2002 da parte serbia, vivían alí un total de 235.567 persoas, con unha gran diversidade étnica, aínda que os bosnios manteñen a maioría na zona, co occidente con maioría serbia e o oriente con maioría bosnia.

  • 134.128 Bosnios (56,94 %)
  • 89.396 Serbios (37,95 %)
  • 8.222 Muslulsmáns étnicos (3,49 %)
  • 928 Montenegrinos (0,4 %)
  • 171 Albaneses (0,07 %)
  • 2.724 Outros (non declaran a nacionalidad, ou descoñecidos) (1,15 %)

De acordo cos datos estatísticos de Montenegro (censo de 2004), na parte montenegrina vivían 163.441 presoas, de maioría serbkia, agás no extremo oriental, ao longo da fronteira, onde os bosnios son maioría.

  • 65.650 Serbios (40,17 %)
  • 44.341 Bosnios (27,13 %)
  • 28.249 Montenegrinos (17,28 %)
  • 15.456 Muslulmáns étnicos (9,46 %)
  • 3.802 Albaneses (2,33 %)
  • 5.943 Outros (3,63 %)

Un cálculo entre os dous censos permite estimar a poboación do Sandžak en sobre 399.000 habitantes. A maioría relativa é de bosnios, sobre 178.500, itsto é, o 45 % da poboacíón da rexión. Siguen os serbios co 39 % (ca. 155.000 habitantes), montenegrinos, co 7 % (ca. 29.000) e os musulmáns étnicos, un 5 % (ca. 23.500). Estímase que forman tamén parte da poboación do Sandžak uns 4.000 albaneses (o 1 %).

Os municipios con maioría étnica serbia son Nova Varoš (90,09 %), Priboj (74,15 %), Pljevlja (59,52 %) e Prijepolje (56,82 %).

Os municipios de poboación mesturada con maioría relativa serbia son Bijelo Polje (36,31 %) e Berane (41,43 %).

Pola súa parte, os bosnios son maioiría nos municipios de:

  • Tutin (o 94,23 % sobre un total de 28.319 habitantes)
  • Rožaje (o 82,09 % de 27.562)
  • Novi Pazar (o 76,28 % de 85.996)
  • Sjenica (o 73,34 % de 27,970)
  • Plav (o 50,72 % de 21.604);
Nota

A maioría dos bosnios étnicos declaráronse como musulmáns no censo de 1991. Nos censos de 2002/2003 a maioría deles declaráronse como bosnios, pero tamén houbo algúns que aínda se declarban de nacionalidade musulmá. Por outra parte, a maioría dos serbios da zona montenegrina do Sandžak declaráronse como montenegrinos no censo de 1991, mentres que no censo de 2003 declaráronse serbios.

Na actualidade[editar | editar a fonte]

[Cómpre referencia]
Durante a existencia da República Federal de Iugoslavia e de Serbia e Montenegro, algúns políticos bosnios do de Sandžak (Raška) demandaron a autonomía do territorio. A proposta máis radical foi que se lle dera ao Sandžak o estatuto de República dentro da Federación de Serbia e Montenegro, creada a partir das partes serbia e montenegrina do Sandžak.

Desde que Serbia e Montenegro son Estados independentes separados e o Sandžak está dividido entre eles, é probábel que futuras propostas de autonomía respeten as novas fronteiras internacionais.

Puesto que os bosnios constitúen unha maioría en só tres municipios orientais do Sandžak serbio e dous municipios orientais do montenegrino, e suposto que as poboacións serbias e montenegrinas desta rexión etnicamente mixta opoñeríanse á idea de autonomía, é pouco probábel que exista un eventual Sandžak autónomo que incluíse municipios con poboación con maioría de serbios e montenegrinos.

O Consello Nacional Bosníaco de Serbia e Montgenegro (CNBSM) representan á rexión na Organización das Nacións e Pobos Non Representados (UNPO das súas siglas en inglés Unrepresented Nations and Peoples Organization) desde 1993. Este grupo de presión política o CNBSM) organizou un referéndum en outubro de 1991, onde o 98 % dos votantes optaron en favor da autonomía. O Consello informouj que a participación fora do 69 %, aínda que isto non foi verificado por ningún organismo internacional independente.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ethnic Changes in the Raška Region (en inglés) Consultada o 18/1/2012.
  2. Ethnic Changes in the Raška Region (en inglés) Consultada o 18/1/2012.
  3. [1]
  4. [2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Albertini, Luigi (1952): The Origins of the War of 1914, Volume I. Oxford University Press.
  • Castellan, Georges (1999): Histoire des Balkans: XIVe-XXe siècle. Paris: Fayard.
  • Jelavich, Barbara (1983): History of the Balkans. Cambridge University Press.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sandžak

En serbio

En alemán

Todas consultadas o 29/1/2012.