Cetinje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral de Cetinje
Cetinje localízase ao sur de Montenegro

Cetinje é unha cidade do estado balcánico de Montenegro, que foi historicamente a capital do país, até que despois da Segunda Guerra Mundial foi substituída pola cidade de Podgorica, cunha posición máis céntrica. A súa poboación é de pouco máis de 16.000 habitantes. É a capital do concello homónimo.

[editar] Xeografía

Cetinje está situada nun planalto kárstico a 672 m.s.n.m., no interior sur de Montenegro, rodeado de montañas como o monte Lovcen (1749 m), mais a moi escasa distancia da costa (apenas uns 42 km de Kotor e 30 de Budva), do lago Scutari, o máis importante dos Balcáns, e da capital actual do país (uns 46 km).

[editar] Monumentos

Dada a súa historia e pese ao seu escaso tamaño urbano, Cetinje conserva algúns importantes monumentos:

  • Igrexa dos Pastores (Vlaska crkva), construída a partir de 1450.
  • Pazo Real, dos antigos monarcas de Montenegro, que aquí tiñan a súa residencia, e na actualidade Museo Nacional de Montenegro.
  • "Pazo Azul", residencia do príncipe herdeiro montenegrino.
  • Pazo de Niegos, residencia do bispo Petar Petrovic Niegos, fundador do estado de Montenegro, na primeira metade do século XIX.
  • Os edificios das antigas embaixadas, estabelecidas a partir de 1878.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas