UNPO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Organización das Nacións e Pobos Non Representados (coñecida en inglés coma Unrepresented Nations and Peoples Organization ou pola súa sigla UNPO) é unha organización internacional que reúne diversos grupos que representan nacionalidades que aspiran á independencia respecto dos estados que os ocupan. Os seus membros son pobos indíxenas, Estados non recoñecidos, minorías étnicas, territorios ocupados e demais grupos sen representación internacional.

Ten a súa sede central na Haia, Holanda. O seu actual secretario xeral é Mario Busdachin.

Índice

Principios [editar]

A Carta da UNPO estabelece os cinco principios centrais da organización:

  • Non violencia: os membros da UNPO deben resolver os seus conflitos de modo pacífico, rexeitando calquera uso do terrorismo
  • Autodeterminación: os integrantes concordan que os pobos teñen igual dereito ao auto-goberno
  • Democracia: as entidades presentes na UNPO deben necesariamente ser democráticas e tolerantes
  • Ambientalismo: o respecto ao medio ambiente é unha política obrigatoria
  • Dereitos humanos: as nacións da UNPO aceptan seguir os tratados e declaracións que protexen os dereitos do ser humano

Membros [editar]

Europa [editar]

Asia [editar]

África [editar]

América [editar]

Oceanía [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]