Avito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sólido coa imaxe de Avito

Marcus Maecilius Flavius Eparchius Avitus nace en Auverña, na Galia no ano 395, no seo dunha familia senatorial (seu pai fora cónsul no ano 421). Tivo tres irmáns e os tres ocuparon cargos importantes na Galia entre os romanos. De boa educación, tamén foi estudoso das leis romanas. Foi emperador romano entre os anos 455 e 456.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende moi novo toma parte na administración e ten unha carreira civil e militar moi axeitada, xa que axiña chega a ser embaixador do emperador Constancio na corte visigoda de Tolosa, e no senso militar tomou parte en varias misións o mando de Aecio, acadando no ano 439 o rango de Praetorian Prefectus na Galia.

Poucas veces ocorrera que nunha mesma persoa se xuntasen os dous cargos mais importantes. Tal foi así, que lle permitiu negociar cos visigodos as súas contribucións na loita contra os hunos, e no curto espazo de tempo que estivo Petronio Máximo como emperador, negociou o seu status federalista dos visigodos.

En canto a morte de emperador Máximo chega a Tolosa, e o posterior saqueo de Roma por parte de vándalos, Teodorico, rei dos visigodos, urxe a Avito para que tome a púrpura. No 455 celebrase a cerimonia en Tolosa, e despois se desprazan a Arlés, onde o Consello das Sete Provincias acepta o nomeamento e volta a se celebrar a súa cerimonia de confirmación. Era o 9 ou 10 de xullo do 455.

Avito atopábase agora cunha serie de problemas para ser aceptado. O primeiro deles era o recoñecemento e aceptación por parte de Marciano, o lexitimo emperador de Oriente. Por parte dos senadores romanos, non estaban dispostos a recoñecer un emperador "estranxeiro". Os vándalos non eran un problema menor, xa que estaban fortes despois do saqueo de Roma.

Envía embaixadas a Oriente para o seu recoñecemento, pero Marciano pospón a súa decisión. Ao respecto dos vándalos, envía embaixadas a Xenserico, co fin de confirmar o tratado de paz feito no 442 co Imperio, e debido a que estaba fora do tempo de navegación, Xenserico acéptao nun primeiro momento. Así mesmo, co rei dos visigodos Teodorico II asina un novo tratado de amizade e submisión, e que evita que os suevos na Hispania sexan un perigo, xa que aínda que invaden a Tarraconense, son os visigodos os que acaban e arranxan o problema, e que rematou en Outubro do 456 na batalla do río Órbigo, cando os visigodos vencen definitivamente os suevos. entres tanto, Xenserico xa se atopaba en condicións de atacar e envía 60 barcos a Córsega e Sicilia para unha invasión, pero son destruídos por Ricimero, comandante en xefe das tropas en Italia e aliado do rei visigodo.

Avito atopábase en Roma, onde as súas tropas xa fixeran tropelías na cidade para cobrar, xa que o tesouro imperial estaba baleiro. Pero as tropas de Maioriano e Ricimero volvían e atópanse coa saída de Avito de Roma, escapando quizais das revoltas dos cidadáns romanos envexados pola actitude da garda persoal do emperador. Neste encontro, ao parecer pídeselle a súa abdicación, pero a súa negativa cústalle a súa vida e mais o seu reino. Pero hai outra versión na historia, xa que din que aceptou a súa abdicación e foi nomeado bispo de Piazenza. Se facemos caso á primeira versión, Avito finou en outubro de 456, mentres a segunda versión pon a súa morte a finais do 457.

Imperio Romano

Segue a:
Petronio Máximo
Avito
Precede a:
Maioriano
Imperio Romano de Occidente