Óso piramidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O piramidal é un óso do membro superior humano, pertencente ao carpo. Forma parte da fileira proximal. A súa superficie anterior está relacionada por diante co óso pisiforme. Por dentro está en contacto co semilunar e por debaixo ten ao óso ganchudo.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)