Articulación mediocarpal
| Articulación mediocarpal | |
|---|---|
| Sección do carpo, amosando as cavidades sinoviais | |
| Ligamentos do pulso, vista anterior | |
| Latín | articulatio mediocarpalis |
| Gray's | asunto #87 328 |
A articulación mediocarpal é unha articulación do membro superior humano, establecida entre as dúas fileiras do carpo. O escafoide artéllase co óso trapecio e co óso trapezoide. O propio escafoide forma, xunto co óso semilunar e co óso piramidal unha cavidade, artellándose co óso grande e óso ganchudo, formando unha diartrodia.
A cavidade desta articulación é grande e irregular. A maior parte desta sitúase entre a superficie distal do escafoide, semilunar e piramidal e a superficie proximal dos ósos da fileira distal.
Está separada do pulso a través dunha serie de ligamentos pero unida ás articulacións carpo-metacarpianas a través de varios puntos comunicantes entre as membranas sinoviais. Non obstante, a cavidade dentre o primeiro óso metacarpiano e o carpo adoita ser totalmente independente. O espazo entre o cuarto e quinto metacarpianos e o óso ganchudo pode estar unido á articulación mediocarpal.
Esta articulación está reforzada por numerosos ligamentos, que unen os ósos do carpo entre si.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.