Articulación radiocubital superior
A articulación radiocubital superior ou proximal é unha articulación do membro superior humano, situada xusto distal ao cóbado. Pode considerarse parte do cóbado, xunto ao resto de articulacións que o conforman.
Superficies articulares[editar | editar a fonte]
Os ósos que participan na articulación son o radio e o cúbito, que tamén participan na articulación do cóbado. A parte do cóbado que forma esta articulación é a cavidade radial, situada na epífise proximal deste óso. A parte do cúbito é a cavidade sigmoide menor, que se sitúa na epífise proximal cubital. Forman unha articulación de tipo trocoide.
Funcións[editar | editar a fonte]
Ten unha mobilidade reducida, participando na pronación e na supinación.
Ligamentos de reforzo[editar | editar a fonte]
Reciben unha pequena achega do ligamento anular do cóbado.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)