Articulacións intermetacarpais
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Articulacións intermetacarpais | |
|---|---|
| Ligamentos e articulacións do pulso. | |
| Latín | articulationes intermetacarpales |
| Gray's | asunto #88 330 |
As articulacións intermetacarpais son un conxunto de articulacións do membro superior humano, que artellan os ósos metacarpianos entre si. Unen o segundo, terceiro, cuarto e quinto metacarpianos a través de pequenas articulacións, cubertas de cartilaxe e reforzadas por ligamentos anteriores, posteriores e interóseos.
- Os ligamentos dorsais ou posteriores e os palmares ou anteriores discorren entre os distintos metacarpianos, reforzando as superficies dorsais e palmares respectivamente.
- Os ligamentos interóseos conectan superficies óseas entre si.
A membrana sinovial destas articulacións continúase coa propia das articulacións carpo-metacarpianas.
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.