Músculo extensor cubital do carpo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músculo extensor cubital do carpo, extensor ulnar do carpo ou cubital posterior é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.
Orixe e insercións [editar]
A súa orixe áchase no epicóndilo lateral do úmero e se insire na superficie medial da base do quinto metacarpiano.
Función [editar]
Estende e aduce o pulso.
Innervación [editar]
Está innervado polo nervio interóseo posterior, póla do nervio radial.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||