Ligamento radial externo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ligamento radial externo
Gray334.png
Gray's asunto #86 328

O ligamento radial externo, radial colateral ou radiocarpal colateral é un ligamento do membro superior humano pertencente á articulación radio-escafo-lunar. Orixínase na apófise estiloide radial e insírese no óso escafoide. Algunhas febras continúanse a través do ligamento transverso do carpo. O ligamento está unido á arteria radial, e moi preto dos tendóns do músculo abdutor longo do polgar e do músculo extensor curto do polgar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.