Ushuaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ushuaia

Ushuaia é unha cidade arxentina, capital da Provincia de Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur. Foi fundada o 12 de outubro de 1884 por Augusto Lasserre e atópase nas costas do canal Beagle rodeada pola cadea montañosa do Martial, na baía de Ushuaia. Ademais de ser un centro administrativo, é un nodo industrial, portuario e turístico. É a única cidade arxentina que se atopa do outro lado dos Andes,[1] vista desde o resto do país. Tamén é, de acordo á clasificación dos mares da Organización Hidrográfica Internacional,[2] a única cidade arxentina (e porto) con costas e augas pertencentes ao Pacífico, se ben isto non é recoñecido abertamente polo estado arxentino, que formalmente considera o canal Beagle un paso bioceánico, pois doutra forma contradiría tratados limítrofes asinados con Chile.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cecilia Biel, Ignacio Subías, Isabel Fanlo, Ester Mateo, Rogelio Daniel Acevedo (2010). "The Arroyo Rojo volcanic-hosted massive sulphide deposit (Tierra del Fuego, southernmost Argentina): geology, mineralogy, petrography and mineral chemistry" (en inglés). Revista Mexicana de Ciencias Geológicas. p. 86. http://satori.geociencias.unam.mx/27-1/%2807%29Biel.pdf. Consultado o 21 de setembro de 2010.
  2. International Hydrographic Organization (1953). "Limits of Oceans and Seas" (en inglés). Monte Carlo, Mónaco: Imp. Monégasque. http://www.iho-ohi.net/iho_pubs/standard/S-23/S23_1953.pdf. Consultado o 29 de outubro de 2010.
  3. Protocolo de límites entre Chile y Argentina 1893
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ushuaia Modificar a ligazón no Wikidata