Provincia de Tucumán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Tucumán
Bandera de la Provincia de Tucumán.svg Escudo de la Provincia de Tucumán.svg
Capital
poboación (ano)
San Miguel de Tucumán
527.607 habitantes (2001)
Provincia de Tucumán (Argentina).svg
Gobernador José Alperovich (FPV-PJ)
Superficie 22.524 km²
Poboación
Densidade
1.448.200 hab.(2010)
64,30 hab./km²
Xentilicio tucumano/a

A provincia de Tucumán[1] é unha das 23 provincias de Arxentina. Ten unha poboación de 1.448.200 habitantes (2010) e a súa capital é San Miguel de Tucumán.

Situada na rexión xeográfica do Noroeste Arxentino, formando tamén parte da Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo norte coa provincia de Salta, polo leste e sur coa de Santiago del Estero e polo oeste e sur coa de Catamarca.

Foi escenario do Congreso de Tucumán entre os anos 1816 e 1820 que, entre outras cousas, declarou a Independencia do Vicerreinado do Río da Prata a España, o 9 de xullo de 1816. É a provincia de menor extensión de Arxentina, ou a segunda máis pequena se non se contan os territorios en disputa de Terra do Fogo como parte desta.

Notss[editar | editar a fonte]

  1. Ver entrada de «San Miguel de Tucumán». Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1873. ISBN 9788482893600.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]