Drôme
Drôme é o departamento número 26 de Francia, localizado na rexión de Ródano-Alpes. O departamento tira o seu nome do río Drôme, afluente do río Ródano, duns 110 km de longo.
Índice |
[editar] Historia
O departamento foi creado durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir dunha parte da provincia do Delfinado.
[editar] Xeografía
Drôme forma parte da rexión de Ródano-Alpes. Linda cos departamentos de Ardèche, Isère, Altos Alpes, Alpes de Alta Provenza e Vaucluse.
Os límites do departamento foron moitas veces modificados tras a anexión do Comtat Venaissin en 1792 despois da creación do departamento de Vaucluse en 1793. As cidades de Carpentras e Valréas, sobre todo, formaron parte de Drôme de forma efémera. Estas modificacións crearon un enclave en Vaucluse (cantón de Valréas) en Drôme, o meirande enclave deste tipo en Francia.