Ain
| Rexión | |
| Prefectura | Bourg-en-Bresse |
| Presidente | Charles de la Verpillière |
| Distritos | 4 |
| Cantóns | 43 |
| Concellos | 419 |
| Superficie | 5.762 km² |
| Poboación (2004) - Total - Densidade |
547.000 hab. 95 hab./km² |
![]() |
|
| Localización de Ain en Francia. | |
Ain é o departamento número un de Francia, localizado na rexión de Ródano-Alpes. Comparte fronteira con Suíza ó leste. De feito teñen infraestruturas comúns, como o aeroporto de Cointrin e o acelerador de partículas CERN.
Índice |
[editar] Historia
O departamento de Ain foi un dos 83 creados durante a Revolución Francesa, o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir de catro provincias: Bresse, Bugey, Dombes, Pays de Gex e unha parte de Franc-Lyonnais.
Pays de Gex foi separado de 1798 a 1814 cando se creou o departamento de Léman. Seis municipios do suroeste do departamento, nas periferias de Lyon, foron unidos ó departamento de Ródano en 1967 trala creación da Comunidade Urbana de Lyón.
[editar] Economía
Ain é, sobre todo, un departamento agrícola. Sen embargo, a industria e os servizos son máis importantes na economía do departamento.
[editar] Demografía
Non existe un xentilicio oficial para designar ós habitantes de Ain. É un departamento formado por catro rexións principais, e os habitantes adoptan o xentilicio da correspondente.
Ain non posúe ningunha cidade especialmente importante, pero si unha densa rede de vilas. Tras ter diminuído a súa poboación na segunda metade do século XIX e trala Primeira Guerra Mundial, volveu a aumentar trala Segunda Guerra Mundial. Dinamizada pola proximidade de Lyon e de Xenebra, Ain veu un gran aumento demográfico durante os últimos trinta anos, pasando de 340.000 habitantes en 1968 a 515.000 en 1999.
