Ródano
- Este artigo trata sobre o departamento francés, para o río vexa río Ródano.
| Rexión | |
| Prefectura | Lión |
| Presidente | Danielle Chuzeville |
| Distritos | 2 |
| Cantóns | 54 |
| Municipios | 293 |
| Superficie | 3.249 km² |
| Poboación (2004) - Total - Densidade |
1.645.653 hab. 507 hab./km² |
![]() |
|
| Localización de Ródano en Francia. | |
Ródano (en francés: Rhône) é un departamento francés situado na rexión de Ródano-Alpes. Os habitantes do departamento reciben o xentilicio francés de rhodaniens.
Na división departamental de 1789, levada a cabo o 4 de marzo de 1790, incluíuse o departamento de Ródano e Loira. Este foi dividido o 12 de agosto de 1793 nos actuais departamentos de Ródano e Loira.
Limita polo norte con Saona e Loira, polo leste con Ain, polo sueste con Isère, polo oeste con Loira.
Historia[editar]
O departamento naceu o 12 de agosto de 1793 cando o antigo département de Ródano e Loira foi subdividido en dous departamentos distintos.
Orixinalmente, o bordo oriental de Ródano era a cidade de Lyon, de forma tal que as comunas do leste de Lyon pertencían ao departamento veciño. Co crecemento de Lyon e o desenvolvemento da área urbana sobre as comunas suburbanas de Lyon, os límites do departamento foron considerados pouco prácticos, polo que, Ródano foi ampliado varias veces incorporando os suburbios de Lyon dos departamento veciños, incrementando a súa área de 2,791 km² a 3,249 km² (un 16.4%).
Demografía[editar]
| 1801 | 1831 | 1841 | 1851 | 1856 | 1861 | 1866 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 299.390 | 434.980 | 500.831 | 574.745 | 625.991 | 662.493 | 678.648 |
| 1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 | 1901 |
| 670.247 | 705.131 | 741.470 | 772.912 | 806.737 | 839.329 | 843.179 |
| 1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 |
| 858.907 | 915.581 | 956.566 | 993.915 | 1.046.028 | 1.028.379 | 918.866 |
| 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
| 966.782 | 1.116.664 | 1.325.571 | 1.429.647 | 1.445.208 | 1.508.966 | 1.578.869 |
Notas:
- O 2 de marzo de 1852, catro comunas de Isère pasaron a formar parte de Ródano.
- O 31 de decembro de 1967, seis comunas de Ain (con 12.689 habitantes en 1962) e outras 23 de Isère (con 51.718 habitantes en 1962) incorporáronse a Ródano.
- O municipio de Colombier-Saugnieu (812 habitantes en 1968) pasou de Isère a Ródano o 1 de abril de 1971.
