Aveyron
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Rexión | |
| Prefectura | Rodés |
| Presidente | Jean Puech |
| Distrito | 3 |
| Cantóns | 46 |
| Municipios | 304 |
| Superficie | 8.735 km² |
| Poboación (2004) - Total - Densidade |
272.000 hab. 31 hab./km² |
![]() |
|
| Localización de Avairon en Francia. | |
Aveyron (12) (en occitano Avairon) é un departamento francés situado na rexión de Mediodía-Pireneos. O seu xentilicio en francés é aveyronnais. Deste departamento é famosa a poboación de Roquefort-sur-Soulzon pola fabricación de queixo.
As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999) Rodez, con 23.707 habitantes, 38.458 na aglomeración e 48.930 na mancomunidade de municipios; e Millau, con 21.339 habitantes, 22.840 na aglomeración.
Limita polo norte con Cantal, polo leste con Lozère e Gard, polo sur con Hérault e Tarn, e polo oeste con Tarn e Garona e Lot.
Demografía [editar]
| 1801 | 1831 | 1841 | 1851 | 1856 | 1861 | 1866 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 318.340 | 359.056 | 375.083 | 394.183 | 393.890 | 396.025 | 400.070 |
| 1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 | 1901 |
| 402.474 | 413.826 | 415.075 | 415.826 | 400.467 | 389.464 | 382.074 |
| 1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 |
| 377.299 | 369.448 | 332.940 | 328.886 | 323.782 | 314.682 | 307.717 |
| 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
| 292.727 | 290.489 | 281.568 | 278.306 | 278.654 | 270.141 | 263.808 |
- Nota: en 1808, ao formarse o departamento de Tarn e Garona, Aveyron cedeu o cantón de Saint-Antonin, cuxa poboación está incluída no censo de 1801, mais non nos seguintes.
