Allier
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Rexión | |
| Prefectura | Molins |
| Presidente | Gérard Dériot |
| Distritos | 3 |
| Cantóns | 35 |
| Concellos | 320 |
| Superficie | 7.340 km² |
| Poboación (2004) - Total - Densidade |
344.000 hab. 47 hab./km² |
| Localización de Allier na Francia. | |
Allier (Occitano: Alèir) (03) é un departamento localizado no centro sur da Francia. O seu nome vén do río Allier.
Índice |
Historia [editar]
Allier é un dos 83 departmentos orixinais creados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Allier foi creado a partir da división das antigas provincias de Auvergne e Bourbonnais.
En 1940, o goberno do Mariscal Philippe Pétain elixiu á vila de Vichy como a súa capital.
Xeografía [editar]
O departamento de Allier pertence á rexión de Auvergne. ao seu arredor atópanse os departamentos de Cher, Nièvre, Saône-et-Loire, Loire, Puy-de-Dôme, e Creuse.
O departamento é percorrido polos seguintes ríos:
Economía [editar]
Allier é a área máis produtiva da rexión de Auvergne. A súa capital, Vichy é coñecida polas súas augas, as cales son exportadas por todo o mundo.
Demografía [editar]
As principais cidades do departamento son Montluçon, Vichy, e Moulins. O resto do departamento está poboado por pequenos nucleos de poboación, na súa maioría situados ao longo dos ríos. En xeral, o departamento atópase dispersamente poboado. Durante o século XIX a poboación do departamento medrou considerabelmente grazas ao medre das industrias de Montluçon e Moulins, e polo desenvolvemento de Vichy grazas ás súas augas. Naquel tempo o departamento contaba cunha poboación arredor dos 420.000 habitantes. Trala Primeira Guerra Mundial, a poboación estabilizouse, medrando en menor medida durante a década de 1960. Dende aquela, a poboación caeu dos 386.533 habitantes en 1968 ós 344.721 en 1999.