Trois-Villes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trois-Villes en francés, Iruri en éuscaro, é unha localidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania e no territorio histórico vascofrancés de Zuberoa.

Trois-Villes era no século XVII o feudo familiar de Jean-Armand du Peyrer, conde de Tréville ou de Troisville, coñecido como Monsieur de Tréville, oficial da compañía dos mosqueteiros de Luís XIII de Francia e un dos personaxes elixidos por Alexandre Dumas para a súa obra Os tres mosqueteiros.