Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O piñeiro manso ou piñeiro cernil (Pinus pinea) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne. O máis característico desta especie de piñeiro é a copa en forma esférica nos exemplares novos e a xeito de parasol nos máis vellos.
En Galiza atópanse pés isolados preto da costa e en zonas de influencia mediterránea.
Morfoloxía [editar]
Nun estudo comparativo co Piñeiro bravo, vese que as acículas son sensiblemente máis curtas (de 8 a 10 centímetros de lonxitude). As piñas son máis curtas tamén (ata 12 cm.), pero máis grosas, e maduran en tres anos. O porte é tamén algo máis pequeno, acadando como máximo os 30 metros. Os piñóns son grandes (entre 1,5 e 2 centímetros con á de menos de 1 mm.) e comestibles.
Galería de imaxes [editar]
|
|
|
Fraga de pinus pinea (La Dehesa de la Villa, Madrid).
|
|
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]