Pinaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pinaceae (pináceas)
Flor de piñeiro bravo (Pinus pinaster)
Flor de piñeiro bravo (Pinus pinaster)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Spermatophyta
Clase: Gymnospermae
Subclase: Pinidae
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae (familia nº 7)
Xéneros

Números de familia e de xéneros segundo Christenhusz et al. (2011).[1]

Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos

As pináceas (nome científico Pinaceae), son unha familia de coníferas da Orde Pinales. Posúen canles de resina na madeira e nas follas, as súas follas son lineais ou como agullas en xeral, monoicos, os conos con complexos dispostos en espiral e aplanados e como brácteas, as brácteas libres da escama, dous óvulos invertidos, e sementes cunha á longa terminal.

É un grupo de plantas que se consideran pulmóns das cidades pola gran cantidade de osíxeno que producen. Teñen ademais unha grande importancia económica; moitas especies teñen boa madeira, empregada en carpintaría, construción, etc, tamén para a fabricación de papel, ou coma fonte de resinas, vernices, encolantes, etc. As sementes dalgúns xéneros, como os piñeiros son comestíbeis (piñóns). Moitas especies son ornamentais. Ocupan estensas zonas do planeta, especialmente de climas fríos e temperados.

En Galiza so existen un par de especies de toda a familia que se poden considerar silvestres ou asilvestradas, como o piñeiro bravo e o silvestre.

Descrición[editar | editar a fonte]

Introdución teórica en Terminoloxía descritiva das plantas

Árbores (ocasionalmente arbustos), moitas veces que emiten cheiros fortes da casca ou as follas, con canles de resina presentes na madeira e nas follas. Pólas verticiladas ou opostas (raramente alternadas). Follas simples, lineais ou como agullas (raramente delgadamete aovadas), dispostas en espiral pero moitas veces semellando dísticas por torcedura da base da folla levando a maioría das follas a aparecer nun plano, agrupadas ou en fascículos en grupos de 2 a 5 en Pinus, sésiles ou con pecíolo curto, en pólas longas ou densamente agrupadas en curtas pólas, persistentes (deciduas en Larix e Pseudolarix). Monoicos. Estróbilos de microsporanxios con microsporofilos dispostos en espiral, bilateralmente simétricos, microsporanxios 2 na superficie abaxial do microsporofilo, grans de pole con 2 "sacca" (ausentes en Larix, Pseudotsuga e todas as especies de Tsuga menos 2). Conos con complexos dispostos en espiral, aplanados e como brácteas, escamas persistentes (deciduas en Abies, Cedrus, e Pseudolarix), brácteas libres da escama, desde máis longas que a escama até moito máis curtas ca esta, madurecendo en 2 (raramente 3) anos, 2 óvulos, invertidos (a micropila dirixida cara o eixo do cono), na superficie adaxial da escama do cono, non agrupados. Sementes cunha á terminal longa derivada do tecido da escama do cono (á reducida ou ausente nalgunhas especies de Pinus), embrión dereito, cotiledóns de 2 a 18.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Pinaceae está case enteiramente distribuído no Hemisferio Norte. Tres ou catro xéneros medran só no leste de Asia, Cedrus está confinado ao norte de África, Oriente Medio, Chipre, e o Himalaia. Os restantes xéneros todos no Hemisferio Norte.

De climas temperado cálidos ao límite do crecemento das árbores no Círculo Ártico, de solos permanentemente saturados de auga a ben drenados, e dende o nivel do mar a hábitats alpinos até 4800 m de altura no leste do Tíbet.

As sementes dos piñeiros son compoñentes primarias da dieta de moitos paxaros, esquíos e outros roedores. Membros da familia fornecen acubillo para moitas especies bravas e son importantes na protección da liña divisoria de augas.

Especies dos tres xéneros miás grandes (Abies, Picea, Pinus) son a compoñente primaria de moitas forestas en rexións frescas e frías do Hemisferio Norte. Pinus moitas veces domina os bosques mantidos polo lume en climas máis temperados, como o suroeste dos Estados Unidos.

Malia non superaren a Cupressaceae en tamaño, a familia ten algunhas árbores moi grandes. O abeto de Douglas (Pseudotsuga menziesii) medra até os 80 m de altura.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Introdución teórica en Filoxenia

Numerosos caracteres (a inversión do óvulo, a á da semente prominente terminal, o padrón de proembrioxenia, o tipo de proteínas dos elementos do tubo do floema, e a ausencia de biflavonoides) establecen a monofilia de Pinaceae. A familia non está filoxeneticamente achegada a ningún outro grupo de coníferas viventes e probabelmente é o grupo irmán do resto das coníferas.

Datos moi congruentes estruturais e inmunolóxicos das proteínas da semente dividen Pinaceae en dúas subfamilias, Abietoideae e Pinoideae. Abietoideae inclúe a Abies, Cedrus, Keteleeria, Pseudolarix e Tsuga, mentres que Pinoideae inclúe a Cathaya, Larix, Picea, Pinus e Pseudotsuga. A análise filoxenética de 3 xenes (matK do cloroplasto, nad5 da mitocondria, e 4CL do núcleo) está de acordo con esta partición fundamental da familia agás en que Cedrus é irmán do resto da familia. Pinoideae está sostida por moitas sinapomorfías (ausencia de canles de resina no tegumento da semente, ausencia da base adelgazada, pedicilada das escamas dos conos, e presenza de dúas canles de resina no cilindro vascular da raíz principal cando é novo) e contén dous clados, Pseudotsuga e Larix, por unha banda, e Cathaya, Picea e Pinus polo outro. Abietoideae na súa filoxenia molecular ten dous sets de clados irmáns, Abies con Keteleeria e Pseudolarix con Tsuga.

O xénero monotípico Nothotsuga está moi relacionado de preto con Tsuga e Judd et al. (2007) consideran que é mellor tratalo coma unha especie de Tsuga.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Introdución teórica en Taxonomía

11 xéneros, cunhas 220 especies. Os xéneros máis representados son Pinus (piñeiros, 110 especies), Abies (abetos, 40 especies), Picea (piceas, 40 especies), Larix (lárices, 10 especies), Tsuga (tsugas, 10 especies), e Pseudotsuga (abetos de Douglas, unhas 5 especies).

A clasificación, segundo Christenhusz et al. 2011,[1] que tamén fornece unha secuencia lineal das ximnospermas até xénero:

    • ORDE F. Pinales Gorozh., Lekts. Morf. Sist. Archegon.: 88 (1904). Tipo: Pinaceae. Sinónimos: Abietales Link, Handbuch 2: 474 (1829). Tipo: Abietaceae.
      • Familia 7. Pinaceae Spreng. ex F.Rudolphi, Syst. Orb. Veg.: 35 (1830), nom. cons. Tipo: Pinus L. Sinónimos: Cedraceae Vest, Anleit. Stud. Bot.: 265, 280. 1818. Tipo: Cedrus Trew. Abietaceae Gray, Nat. Arr. Brit. Pl. 2: 222, 223. (1822), nom. cons. Tipo: Abies Mill. Piceaceae Gorozh., Lekts. Morf. Sist. Archegon.: 79. (1904). Tipo: Picea A.Dietr.
11 xéneros, preto de 225 especies, Eurasia temperado a tropical, Sumatra, Filipinas, Sur de América do Norte a Nicaragua, oeste da India. A árbore filoxenética publicada por Liston et al. (2003) foi usada para crear esta secuencia.
        • 7.1. Cedrus Trew, Cedr. Lib. Hist., Apol. Mant. 1: 6 (1757), nom. cons., non Duhamel (1755, nom. rej.), non Mill. (1757, = Cedrela P.Browne, Meliaceae). Tipo: C. libani A.Rich. (≡ Pinus cedrus L.)
        • 7.2. Pinus L., Sp. Pl. 2: 1000 (1753). Tipo: P. sylvestris L. Sinónimos: Pinea Wolf, Gen. Pl.: 156 (1776). Tipo: non designado. Strobus (Sweet ex Spach) Opiz, Lotos 4: 94 (1854). Tipo: S. weymouthiana Opiz (≡ Pinus strobus L.) Caryopitys Small, Fl. S. E. U. S.: 29 (1903). Tipo: C. edulis (Engelm.) Small (≡ Pinus edulis Engelm.) Apinus Neck. ex Rydb., Bull. Torrey Bot. Club 32: 597 (1905). Tipo: Pinus cembra L. Leucopitys Nieuwl., Amer. Midl. Naturalist 3: 69 (1913), nom. illeg. (≡ Strobus (Sweet ex Spach) Opiz) Ducampopinus A.Chev., Rev. Int. Bot. Appl. Agric. Trop. 24: 30 (1944). Tipo: D. krempfii (Lecomte) A.Chev. (≡ Pinus krempfii Lecomte)
        • 7.3. Cathaya Chun & Kuang, Acta Bot. Sin. 10: 245 (1962). Tipo: C. argyrophylla Chun & Kuang
        • 7.4. Picea A.Dietr., Fl. Berlin 1(2): 794 (1824). Tipo: P. rubra A.Dietr., nom. illeg. (≡ Picea abies (L.) H.Karst., ≡ Pinus abies L.) Sinónimos: Veitchia Lindl., Gard. Chron. 1861: 265 (1861) nom. rej. non Veitchia H.Wendl., (1868, Arecaceae), nom. cons. Tipo: V. japonica Lindl.
Nota: Este é ambiguamente sinónimo con Picea; a identidade da especie tipo é descoñecida.
        • 7.5. Pseudotsuga Carr., Traité Conif., ed. 2: 256 (1867). Tipo: P. douglasii (Sabine ex D.Don) Carr. (≡ Pinus douglasii Sabine ex D.Don) [nome corrrecto P. menziesii (Mirb.) Franco]. Sinónimo: Abietia A.H.Kent, Man. Conif., ed. 2: 474 (1900), nom. illeg.
        • 7.6. Larix Mill., Gard. Dict. Abr., ed. 4: [sen número de páxina.] (1754). Tipo: L. decidua Mill. (≡ Pinus larix L.)
        • 7.7. Pseudolarix Gordon, Pinetum: 292 (1858), nom. cons. Tipo: P. kaempferi Gordon [nome correcto P. amabilis (J.Nelson) Rehder] Sinónimos: Laricopsis A.H.Kent, Man. Conif., ed. 2: 403 (1900), nom. illeg., non Fontaine (1889). Tipo: L. kaempferi (Gordon) A.H.Kent (≡ Pseudolarix kaempferi Gordon). Chrysolarix H.E.Moore, Baileya 13: 133 (1965). Tipo: C. amabilis (J.Nelson) H.E.Moore (≡ Larix amabilis J.Nelson)
        • 7.8. Tsuga (Endl.) Carr., Traité Conif.: 185 (1855). Tipo: T. sieboldii Carr. (≡ Abies tsuga Siebold & Zucc.) Sinónimos: Hesperopeuce (Engelm.) Lemmon, Bienn. Rep. Calif. State Board Forest. 3: 126 (1890). Tipo: H. pattoniana (J.Jeffrey ex A.Murray) Lemmon (≡ Abies pattoniana J.Jeffrey ex A.Murray)
        • 7.9. Nothotsuga Huex C.N.Page, Notes Roy. Bot. Gard. Edinburgh 45: 390 (1989). Tipo: N. longibracteata (W.C.Cheng) C.N.Page (≡ Tsuga longibracteata W.C.Cheng)
        • 7.10. Keteleeria Carr., Rev. Hort. 37: 449 (1866). Tipo: K. fortunei (A.Murray) Carr. (≡ Picea fortunei A.Murr., como ‘fortuni’).
        • 7.11. Abies Mill., Gard. Dict. Abr., ed. 4, vol. 1: [sen número de páxina] (1754). Tipo: A. alba Mill. (≡ Pinus picea L.) Sinónimo: Picea D.Don ex Loud., Arbor. Frut. Brit. 4: 2329 (1838), nom. illeg., non A.Dietr. (1824).

Importancia económica[editar | editar a fonte]

Pinaceae é probabelmente a fonte principal de maderia do mundo. A madeira de Pinus, Pseudotsuga, Picea, Tsuga, Larix, Abies e Cedrus é usada extensivamente para construción, polpa para produción de papel, postes de valados, postes de teléfono, mobles, para tapizar o interior das casas, artefactos de madeira, e outros numerosos propósitos. Cedros, piñeiros e Pseudotsuga, en particular, teñen reputación como madeira de construción de calidade. A madeira de Picea fai moito que é preferida para a parte sonora de los instrumentos de cuerda, como violines. Pinos, Picea, Tsuga, cedros, Pseudotsuga e Abies son moi usados como ornamentais, e centos de cultivares se desenvolveron en moitas especies destes xéneros. As "noces" dos piñeiros (as sementes máis ou menos aladas dos piñóns do suroeste de América do Norte) foron importantes na dieta dos norteamericanos nativos. Estas sementes, e aquelas dalgúns grupos de piñeiros do Vello Mundo, son agora comida de gourmet. Extráese colofonia ("rosin") e augarrás de varias especies de piñeiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Christenhusz, M.J.M, Reveal, J.L, Farjon, A., Gardner, M.F, Mill, R.R, e Chase, M.W. 2011. A new classification and linear sequence of extant gymnosperms. Phytotaxa 19: 55-70. (pdf)
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pinaceae Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pinaceae

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Stevens, P. F. 2001 en adiante. Angiosperm Phylogeny Website Versión 7, maio de 2006 (en inglés).
  • Judd, Campbell, Kellogg, Stevens, Donoghue. 2007. Plant Systematics, a phylogenetic approach, third edition. Sinauer associates, inc. EUA.